Homesociedade155.000€ para a mellora de dúas estradas provinciais en Pantón

155.000€ para a mellora de dúas estradas provinciais en Pantón

As obras, das que se encargará a empresa Fevisa Vías y Obras SL, teñen un prazo de execución de dous meses, e consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e a repavimentación do firme.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar este venres a adxudicación das obras de mellora en dúas estradas provinciais ao seu paso polo concello de Pantón por un importe conxunto que ascende e preto de 155.000€.

Trátase da LU-P-4107, que une Segade coa aldea de Marce. O arranxo realizarase dende o inicio da vía ata o punto quilométrico 4,5 cun orzamento de case 87.000€; e destinaranse preto de 68.000€ á mellora da LU-P-4106, que vai desde a zona do Carme ata Curro para acondicionar algo máis de 6 quilómetros desde o inicio desta vía. O prazo de execución é de dous meses.

Así o avanzou tras a reunión celebrada esta mañá no Pazo de San Marcos o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen sinalou que estas novas obras “forman parte do esforzo inversor da institución por seguir mellorando no conxunto da provincia a rede viaria provincial,  a máis extensa de todas as Deputacións de España con máis de 4200 quilómetros, e tres veces maior ca da propia Xunta de Galicia en Lugo”. 

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...