HomePolíticaO BNG presenta en Monforte a campaña do Concerto Económico Galego

O BNG presenta en Monforte a campaña do Concerto Económico Galego

O BNG comeza unha campaña de sensibilización sobre o financiamento. O acto de presentación para as Terras de Lemos estivo presidido polo alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda acompañado polos voceiros municipais de Bóveda, Pantón e Monforte, Javier Castro, Rosana Prieto e Emilio J. Sánchez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co eslogan “Galiza coa chave dos seus cartos”, a campaña desenvolverase en todas as comarcas, realizando diferentes actos e encontros coa veciñanza para explicar cales son os cálculos que levan ao BNG a asegurar que un Concerto Económico galego melloraría os importes das arcas galegas

“Desde o BNG queremos expoñer en que consistiría un concerto económico galego, isto inclúe a xestión dos impostos tales como o de Sociedades, que como saberán, é exclusivo do Estado, ou as divisas que xeran os emigrantes ás que Galiza non ten nin acceso ”, di Prieto Florines responsable comarcal da formación no Sur de Lugo.

“Nesta campaña cómpre pedagoxía e dar a coñecer o que valeríamos, algo que sen dúbida terá efectos positivos na autoestima colectiva, alén de aumentar o noso nivel de rendas. O que propoñemos é a xestión propia dos recursos propios, e por suposto mantemos que non somos un país pobre, e podemos demostralo se xestionamos nós o noso, nunha relación de igualdade co Estado”, aseguran

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...