HomePolíticaO PP de Monforte defende flexibilizar a ordenanza de tráfico e pide...

O PP de Monforte defende flexibilizar a ordenanza de tráfico e pide un plan alternativo ao peche da Piscina Municipal

Segundo o PP de Monforte, a modificación da ordenanza de tráfico impulsada polo goberno local no pleno do pasado 26 de febreiro, "lonxe de dar solución aos problemas de mobilidade e de facilitar o traballo de transportistas e autónomos, mantén vivos os mesmos problemas de antes e xerou algún novo, como as multas que están a sufrir as persoas que unicamente están a facer o seu traballo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, explica que as modificacións aprobadas polo goberno local afectaron principalmente ao acceso de vehículos a zonas peonís así como ás zonas de carga e descarga e “a pesar de que se realizaron diversas alegacións por considerar a norma pouco flexible e moi prexudicial para os intereses dos pequenos autónomos da zona así como para os residentes, o goberno de José Tomé négase a modificala e flexibilizala”.

Consideran os populares que as modificacións realizadas por Tomé só teñen afán recadatorio, “a instalación do sistema de vídeo vixilancia nesas zonas foi unha acción totalmente confiscadora”. Despois de reunirse coa veciñazan afectada os populares solicitarán no vindeiro pleno que se modifiquen os artigos que fan referencia ao acceso ás zonas peonís para realizar tarefas de carga e descarga “ampliando o horario actual, que unicamente é de 5 horas, a 12 horas diarias, sendo coincidente co horario comercial. A realidade é que oito meses despois da modificación desta ordenanza constatamos que é altamente lesiva para os intereses económicos dos pequenos negocios, así como para os residentes”, sentenciou.

Por outra banda os populares tamén amosan o seu desacordo con que o Concello de Monforte pase a cobro as cuotas, trimestrais e anuais, aos usuarios da piscina e do ximnasio municipais, a pesar de que non se poden empregar estas instalacións xa que se vai a proceder a súa renovación.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “o malestar entre os usuarios é enorme xa que ven como se lles está a cobrar por un servizo que non poden desfrutar. Ante esta situación, Katy Varela advirte que senón se dá unha solución inmediata aos usuarios afectados “presentaremos no próximo pleno unha iniciativa para que que expliquen que vai a facer o goberno local. Senón hai unha solución, José Tomé terá que informar publicamente sobre como van a proceder”.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...