HomeCulturaA música, protagonista na programación festiva do Nadal en Monforte

A música, protagonista na programación festiva do Nadal en Monforte

Concursos, teatro, moita música, e actividades para os máis pequenos/as completan a oferta que presenta o concello para as festas de Nadal 2018.

Publicado o

- Advertisement -

Os centros de ensino da cidade poden participar no concurso de beléns e teñen de prazo ata o venres 14 ás 14:00 h. para inscribirse no Rexistro Xeral do concello. Os gañadores coñeceranse o día 17 e haberá premios en metálico para os 4 primeiros. Xunto a este concurso colectivo tamén se desenvolverá o certame de poesía infantil na Biblioteca Municipal.

No apartado de teatro, o mércores 26 de decembro o Multiusos acollerá ás 18:00 h. un espectáculo para todos os públicos a partir de 5 anos que leva por título: O agasallo de Anya, de Teatro Marionetas Trécola.

E tamén no Multiusos á mesma hora, pero o 29 de decembro, terá lugar o contacontos con maxia: A Historia de Brancaflor, da compañía Fran Rei.

A música e os concertos están cada ano presentes na programación, e nesta ocasión con múltiples e variadas alternativas:

XXª Mostra de Panxoliñas para centros de ensino. Xoves, 20 de decembro, ás 18 horas no Edificio Multiusos.

Festival de Nadal do Conservatorio Municipal. Venres, 21 de decembro, ás 20 horas no Edificio Multiusos.

Concerto Corais de Nadal. Sábado, 22 de decembro, ás 20 horas, na Igrexa Nosa Señora da Antiga-Escolapios. A actuación estará a cargo da Coral ESO Colexio Escolapios, Coral de Ourense e Coral Polifónica Concello de Monforte.

Concerto da Sociedad Filarmónica de Monforte. O xoves, 27 de decembro, ás 20:15 horas, na Casa da Cultura Lois Pereiro.

Concerto do dueto Carta de Ajuste. Baixo o título “Lo mejor y lo peor de los 80-90” dous músicos de Lugo, David Taboada e Iván Valdés, ofrecen un espectáculo musical de versións desenfadadas e cargadas de humor. Algo diferente a todo o anterior, que sorprenderá e que chega a Monforte da man de Hermanager Producións. Venres, 28 de decembro, ás 20:15 horas na Casa da Cultura.

Concerto de Ribeira Sacra Jazz Orquestra, o xoves, 3 de xaneiro, ás 20:00  horas na Casa da Cultura.

Ademais dalgunhas das ofertas anteriores nas que on nenos/as son tamén protagonistas, hai dúas propostas para público infantil moi interesantes e que repiten respecto a anos anteriores.

Unha delas é a Festa infantil de Noitevella. Actividade festeira que adianta para os pequenos/as o fin de ano ao venres 28 de decembro. Será na zona de mercados da Praza de Abastos das 11:00 ás 13:00 horas.

O Apalpador na Praza de Abastos. Foto: Xosé Manuel

E a outra, tamén un clásico dende hai algúns anos, é a visita do Apalpador. Andará polas rúas da cidade a partir das 11.00 h. da mañá do sábado 29 de decembro e rematará na Praza de Abastos; alí dará bos consellos de alimentación e contará fermosas e interesantes historias do Courel. O Apalpador virá acompañado de Servando Barreiro tocando o acordeón.

 

ÚLTIMAS

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...