HomesociedadeConcursos de outono na Escola Oficial de Idiomas de Monforte

Concursos de outono na Escola Oficial de Idiomas de Monforte

O centro convida á participación do seu alumnado cun concurso fotográfico, para retratar castañas e cogomelos, e outro de talla de cabazas, para festexar o Samaín.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Escola Oficial de Idiomas vén de anunciar dúas interesantes actividades para dinamizar ao alumnado —EOI Monforte e sección Chantada– convidándoo a participar en dous concursos: un de fotografía, “Outono fotográfico”, e outro de elaboración de cabazas de Samaín.

No que respecta ao concurso ‘Outono fotográfico’, as fotos reaizadas teñen que ter como protagonistas aos cogomelos e ás castañas, un dos froitos máis característicos da tempada. O prazo de entrega, enviando ao correo electrónico eoimonforte@gmail.com remata o 9 de decembro e premiaranse 3 das recibidas. Dúas en función do criterio do xurado e a outra por votación na páxina de Instagram da EOI. O premio para cada unha delas será unha cesta de produtos típicos do outono.

As bases completas están publicadas na páxina web da Escola Oficial de Idiomas.

O outro concurso, “Concurso talla cabazas”, pon a proba a habilidade e creatividade do alumnado para tallar e decorar cabazas de Samaín. Cada alumno/a pode presentar unha e farao na Conserxería da Escola os días 28 ou 29 de outubro. O xurado, composto por profesorado da escola, escollerá a gañadora, que se coñecerá o 30 de outubro e terá un “terrorífico premio” valorado en 20 euros.

As bases completas, tamén na web da Escola Oficial de Idiomas de Monforte.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...