HomesociedadeSamos "dobra o ritmo de limpeza de pistas" con nova nova maquinaria

Samos “dobra o ritmo de limpeza de pistas” con nova nova maquinaria

O Concello de Samos ampliou o seu parque de maquinaria para o mantemento das vías municipais cun tractor e unha mini pa, adquiridos co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ampliación do parque supón novos vehículos polivalentes con equipamento para realizar diferentes tarefas de limpeza, desbroce e mantemento en vías e espazos verdes ao longo das 24 parroquias do municipio. O tractor conta cunha desbrozadora lateral e coitela para a neve, así como rampas de remolque para o desprazamento da mini pa, que ten dous cazos. A este equipamento, súmase unha máquina hidrolimpadora para limpar muros, beirarrúas ou varandas.

A alcaldesa de Samos, Chus López, explicou que, “a incorporación desta nova maquinaria permitiunos dobrar o ritmo de traballo na limpeza e desbroce de pistas municipais nos últimos dous meses, xa que agora dispoñemos de dous tractores, e tamén nos permite afrontar o inverno con maiores garantías de sermos capaces de actuar cando se requira. Ademais, a mini pa danos a posibilidade de facer pequenas obras con medios propios, abaratando os custes” e subliñou a necesidade “da colaboración institucional para executar este investimento, que o Concello non podería facer só con recursos propios”

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, valorou “o esforzo orzamentario e de persoal que o mantemento das vías municipais supón especialmente para os concellos rurais, onde estas infraestruturas son básicas para a mobilidade e tamén para o desenvolvemento das actividades agrogandeiras e forestais”

A area de Rural da Vicepresidencia da Deputación achega en total de 93.000 euros para a adquisición destes vehículos, reforzando a colaboración que a entidade provincial mantén co concello a través do Plan Deputación cun investimento previsto de 282.000 euros para 2024

ÚLTIMAS

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...