HomesociedadeSamaín Familiar en Pantón este 31 de outubro e o 9 de...

Samaín Familiar en Pantón este 31 de outubro e o 9 de novembro Magosto Popular

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura vén desenvolvendo unha ampla e variada actividade neste outono. Desde comezos de mes e ata finais de tempada organízanse actividades deportivas en Ferreira e nas parroquias. 160 persoas participan das propostas de ximnasia de mantemento, aerobic e pilates que se levan a cabo na capitalidade municipal e en parroquias como Cangas, Xesteira, Espasantes, Acedre ou Tuiriz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En outubro tamén deron comezo dous obradoiros que se desevolven na Casa da Cultura de Ferreira. Por unha banda o Obradoiro de Costura Creativa, que ten lugar todos os venres de 17:00h a 19:30h e, por outra, o Obradoiro de Scrapbooking, que se leva a cabo todos os luns de 18:00h a 20:00h.

O 23 de outubro comezou unha actividade que goza de grande éxito en Pantón o Obradoiro de Técnicas de Traballo Intelectual. Este obradoiro comezou como un taller de memoria para adultos, e a actividade foise adaptando ás persoas participantes como comenta o alcalde, José Luis Álvarez, “viña xente de 60 anos en diante e fomos vendo que a maioría das persoas que acudían non tiñan problemas de memoria, se non perda de habilidades por falta de uso”.

Neste mes un grupo de veciñas e veciños de Pantón subiuse ao autobús do teatro para viaxar a Santiago de Compostela a ver a obra “Terceiro Acto” no Salón Teatro, dentro do Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego. E fíxose a Ruta do Xanarteiro para coñecer paisaxes e recursos do municipio.

O 31 de outubro prográmase o Samaín Familiar. Desde as 20:00h na Praza do Concello, se o clima o permite, contarase con busca do tesouro. Unha cita de medo para pasar en familia con agasallos para os tres primeiros. Outra cita propia desta época lévanos ao 9 de novembro para celebrar Magosto Popular ás 18:00h na Praza do Concello con actuación musical.

A programación cultural de novembro no Concello de Pantón complétase con tres citas teatrais gratuítas para todos os públicos que se desenvolverán na casa da cultura ás 18:00h. O 10 de novembro, o grupo Viravent porá en escea a obra “Copacabana”. O 17 de novembro o grupo do Hospital de Lugo representará “Asasinato na tenda de roupa” e o 24 o grupo Loia Producións representará a obra “María Visitación Consolación Amadora”.

Toda esta actividade complétase coa exposición que se pode visitar ata o 29 de novembro no segundo piso da Casa da Cultura. Trátase da mostra fotográfica, Ingredientes de cocktails macrofotografía.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...