HomeEconomíaClausúrase o obradoiro de emprego Ricra VII que formou a 20 persoas...

Clausúrase o obradoiro de emprego Ricra VII que formou a 20 persoas de Pantón, O Saviñao e Sober

O obradoiro que agora remata estivo dedicado ás especialidades de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, con 13 alumnos, e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións, con sete.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, clausurou este martes a sétima edición do obradoiro de emprego Ricra, xunto cos alcaldes de Pantón, José Luis Álvarez, e O Saviñao, Carlos Armesto, e o concelleiro de Sober Iván Armesto, entre outros. A iniciativa foi financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e promovida polos citados concellos.

Arias explicou que este proxecto terá continuidade coa nova edición que tomará o relevo a principios de decembro. Cada unha forma a 20 persoas desempregadas en especialidades con demanda no mercado laboral, e entre ambas suman 943.000 euros de investimento.

Os participantes reciben formación teórica e práctica ao tempo que traballan para as Administracións locais realizando obras e servizos de interese xeral; neste caso, axudando na residencia Nosa Señora do Carme de Sober e no Centro de día de Pantón, e realizando traballos de mellora en rutas de sendeirismo, camiños, áreas recreativas e outros espazos naturais dos tres municipios.

En total, encargáronse do mantemento de máis de medio cento de zonas verdes. Entre elas, a área de Maiorga, a ruta dos Fidalgos, a de Cibrisqueiros a San Cosmede ou a de Xan de Arteiro, en Pantón. No Saviñao atenderon o campo da festa de Currelos, a área recreativa da pista de tenis, ou os accesos ao campo de fútbol de Escairón e ás igrexas de Fión e Vilasante. En Sober, actuaron no contorno de dez miradoiros, 22 igrexas e cemiterios, o santuario de Cadeiras ou a ruta dos muíños dos Chancís.

A oitava edición do obradoiro manterá a especialidade de Repoboacións forestais e tratamento silvícolas, con seis alumnos, e incorporará a de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, con sete. Ademais, impartirá Traballos de carpintaría e moble, que contará con outros sete participantes.

Javier Arias subliñou que os obradoiros de emprego son “unha valiosa ferramenta para que as persoas desempregadas poidan reciclarse en sectores con elevada demanda de traballadores e traballadoras, e tamén para reforzar os servizos e dotacións municipais”. Neste sentido, explicou que “realizan un labor que, en última instancia, beneficia aos veciños e veciñas dos municipios participantes”.

Obradoiro de emprego Pantón clausura 2024 / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...