HomesociedadeCifras de ocupación históricas na Ribeira Sacra nesta Ponte de Todos os...

Cifras de ocupación históricas na Ribeira Sacra nesta Ponte de Todos os Santos

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra fala da ocupación máis alta dende que teñen rexistro (92%), só igualada no ano 2019, ano récord para o turismo no xeodestino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As condicións climatolóxicas favorables parecen ser as responsables do aumento das previsións de ocupación que os xestores tiñan a comezo da semana pasada (+ 5%). A destacar tamén a celebración nestas datas dunha importante cita do panorama musical galego, como é o Castañazo Rock, en Chantada; “que propiciou que a vila e arredores acadasen o 100% de ocupación, con reservas efectuadas incluso meses antes da celebración do evento”, explican desde o Consorcio.

Destacan tamén que en comparación co 2019 o número de prazas aumentou considerablemente, cun balance final no que no 2019 se ocupaban por esta Ponte unhas 4800 prazas diarias, mentres que no 2024 chegouse ás 8555.

Esta Ponte de todos o Santos continúa a ser a ponte de todo o ano en tempada baixa con maior ocupación. A Ponte do 1 de maio tivo un 82,20% de ocupación e na Ponte das Letras Galegas foi do 63,50%. Por categorías, a ocupación provisional desta ponte foi:

  • Hoteis 4 e 3*: 92 %
  • Turismo Rural: 100 %
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 84 %
  • Outros alox. (albergues, pensións, campings, aptos, hoteis 2 e 1*): 92%

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...