HomePolíticaO goberno da Pobra do Brollón fai balance do seu traballo

O goberno da Pobra do Brollón fai balance do seu traballo

O aproveitamento dos recursos propios, con vistas a dinamizar o turismo, e o impulso de iniciativas culturais para goce de veciños e xente da contorna son dúas das accións de goberno que máis se destacan.

Publicado o

- Advertisement -

Nun comunicado á prensa que fai o alcalde, Xosé Lois Maceda, lémbrase que as visitas guiadas que se veñen facendo ao Castro de San Lourenzo, á Cova das Choias, a Vilachá e Repil están poñendo en valor o patrimonio histórico, cultural e paisaxístico do concello e o retorno en forma de visitantes e coñecemento da zona é notable.

Tamén se fai mención do éxito das actividades organizadas este outono como foron as andainas outonizas, o Ciclo de Cinema Galego, os venres caninos ou o I Recital de poesía “Tinta da Terra” dedicada á Memoria Histórica. As conclusións sacadas foi que as tres actividades tiveron unha gran acollida de público interesado/a.

E coa memoria aínda fresca saliéntase que tanto o Concurso de Tapas como os Cantos de Taberna superaron todas as expectativas con gran éxito de participación. Os establecementos tiveron moito movemento, sobre todo cos “Cantos de Taberna” que encheron a Pobra, Salcedo e Cereixa de xente.

Segundo palabras do alcalde, Xosé Lois Maceda, “o balance é positivísimo. O máis importante é crear comunidade de xente que aposta polo desenvolvemento da cultura e do turismo. Conseguimos implicar á xente e que aposten e colaboren”.

Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón. Fonte: Concello

Outras iniciativas que destacan dende o equipo de goberno foron a aposta pola compostaxe e a posta en marcha do albergue solidario para peregrinos, iniciativa esta última que entenden redunda en positivo para ir afianzando outro potencial económico para a zona que é o “Camiño de Inverno”.

Para rematar, o mandatario local tamén sacou músculo destacando que no ano en curso unha media ducia de familias comezou a vivir na Pobra do Brollón e as visitas de fin de semana, tanto de autóctonos que viven fóra como de turistas, están aumentando. Maceda entende que ofrecendo cousas que facer no concello cada vez se anima máis xente pasar aquí a fin de semana.

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...