Homesociedade3.650 persoas de 150 asociacións participaron do Coñece a túa Provincia que...

3.650 persoas de 150 asociacións participaron do Coñece a túa Provincia que pecha tempada

Esta semana catro entidades de Guitiriz, Foz, Taboada e Barreiros percorreron as comarcas da Ribeira Sacra, A Mariña e Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de pechar esta semana “con éxito” unha nova tempada do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia. Preto de 3.650 persoas de 150 asociacións da provincia participaron na cuarta edición desta iniciativa que se desenvolveu en dúas quendas neste 2024.

Entre os meses de setembro e outubro, un total de 1.648 persoas de 72 colectivos participaron nesta proposta turística dirixida a dinamizar a economía local e dar a coñecer o territorio xerando un retorno económico de máis de 115.000€.

O martes, a asociación Os Vilares de Guitiriz fixo a ruta de Quiroga, que inclúe entre outros unha visita a unha empresa produtora de viño e de aceite do territorio e a un obradoiro de artesanía. Antes de iniciar o seu recorrido pola Ribeira Sacra, o colectivo veciñal parou na Granxa Gayoso, onde coñeceu as instalacións da institución provincial.

As asociacións do Castro de Vilaronte de Foz e de Santa María de Xián de Taboada foron os protagonistas o xoves deste programa de viaxes. Os primeiros pararon no Pazo de San Marcos da Deputación antes de continuar a súa ruta cara a abadía de San Clodio e o centro de interpretación da minería aurífera en Ribas de Sil e despois fixeron unha visita ao túnel e igrexa de Montefurado. Os segundos coñeceron a Produtora do Servizo de Audiovisuais provincial e logo seguiron ata Mondoñedo, onde coñeceron entre outras puntos de interese o casco antigo e o cemiterio vello.

A veciñanza de San Pastor, de Barreiros, pechou o venres esta tempada do Coñece. O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, deulles á benvida no Mazo de Santa Comba da institución provincial antes de que puxeran rumbo a Sarria e a Samos. Visitaron o mosteiro de Samos, o casco histórico de Sarria e o museo do pan.

Unha tempada máis, o programa Coñece a túa Provincia incluíu, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...