HomeDeportesAberto o prazo para solicitar as axudas a deportistas individuais do Concello...

Aberto o prazo para solicitar as axudas a deportistas individuais do Concello de Monforte

O pasado luns 4 de novembro a Xunta de Goberno Local aprobou as bases e convocatoria de bolsas a deportistas do Concello de Monforte que practiquen algún tipo de modalidade deportiva  individual durante a tempada 2023-2025, para as que o Concello destina 10.000 euros en axudas a deportistas individuais, un 43% máis que no ano 2022

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O importe total destinado a estas axudas en 2024 é de 10.000 euros. A cantidade máxima de cada unha das bolsas se establece en 600 € por deportista. Os interesados xa poden presentar as súas solicitudes, tendo de prazo dende este luns, 11 e novembro, ata o venres 22 de novembro.

As persoas solicitantes poderán presentar, no marco desta convocatoria, os méritos deportivos conseguidos entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2024. Ademais, tamén é requisito necesario para optar a estas axudas ter participado como mínimo en tres probas ou campionatos de carácter oficial, dos cales un deles ten que ser o campionato de España, campionato de Europa ou campionato do mundo propio da modalidade deportiva durante o período obxecto da presente convocatoria.

Poderanse beneficiar destas axudas os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que estean empadroados/as no Concello de Monforte de Lemos dentro do prazo de presentación de solicitudes e, como mínimo, dende o 1 de outubro de 2022.
  • Estar federados nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas no período para o que se solicita a axuda, é dicir, entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2024, e que como mínimo participaran no campionato de España, campionato de Europa ou campionato do mundo propio da modalidade deportiva.
  • Estar ó corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estar ó corrente das obrigas coa Seguridade Social e co Concello de Monforte.
  • Que non estean incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non estar incursos/as nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.

Terán a consideración de deporte de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados de forma individual. En todo caso, non se considerarán participacións individuais as substitucións nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.

Á hora de realizar a valoración teranse en conta os tres mellores resultados conseguidos en competicións oficiais segundo a táboa de valoración establecida, así como a convocatoria no período pola selección galega ou estatal. Enténdese por competicións oficiais as consideradas como tal pola Federación Deportiva correspondente ou pola Administración deportiva dentro do seu ámbito de competencias.

ÚLTIMAS

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...