HomeDeportesXII Ruta 4x4 Comarca de Sarria, do 15 ao 16 de novembro

XII Ruta 4×4 Comarca de Sarria, do 15 ao 16 de novembro

O programa da ruta iniciarase o venres, 15 de novembro, cun percorrido nocturno. O sábado atravesará arredor de 100 quilómetros dos municipios de Sarria, Láncara, Baralla, Becerreá, Triacastela e Samos; e o domingo haberá probas de habilidade en Morelle.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana presentouse a XII Ruta 4×4 Comarca de Sarria, que se celebrará do 15 ao 16 de novembro. A cita está organizada pola asociación Os Carro x Catro e o Concello de Sarria coa colaboración da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A ruta turística terá como centro de referencia o polígono de Morelle de Sarria e percorrerá tamén os concellos de Samos, Triacastela, Láncara, Baralla e Becerreá.

A proba, aberta á participación de motos, quads, todoterreos e buggies, conta con preto de 300 inscricións.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que a asociación promotora, “Os Carro por Catro”, está a converter a localidade nun referente para os afeccionados a esta modalidade. Neste sentido, lembrou que en xuño celebraron a primeira edición da Festa do Motor 4×4, con notable éxito e igualmente co apoio do Goberno galego.

O vicepresidente, Efrén Castro, destacou “a contribución desta ruta turística á dinamización económica e social de Sarria e da comarca,  que a organización incentiva con actividades complementarias á propia ruta como a saída nocturna do venres ou as probas de habilidade no polígono de Morelle” e encadrou a colaboración coa asociacíon Os Carro x Catro no apoio que desde as distintas áreas da Vicepresidencia da Deputación se presta ao tecido asociativo.

Programa

Venres, 15 de novembro
21.00 – Benvida
22.00 – Saída nocturna polos arredores da Vila de Sarria.

Sábado, 16 de novembro
08.00 – Entrega de documentación no Restaurante O Meigallo.
08.30 – Saída da ruta turística.
14.00 – Xantar no Campo da Festa do Samos.
19.00 – Fin da ruta.
22.00 – Cea de gala no Restaurante Cinza e Lume.

Domingo, 17 de novembro
09.30 – Probas de habilidade no polígono do Morelle.
15.00 – Xantar
16.30 – Entrega de trofeos.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada obtén as certificacións de “Q  Calidade Turística” e “S Sostibilidade Turística”

O ICTES, Instituto para a calidade turística española e a sostibilidade vén de conceder...

Transporte adxudica obras de mellora en tramos da N-120 e da N-540

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 13.690.415,53 euros, IVE incluído, un...

Obras na LU-P-4103, en Ferreira de Pantón

A Deputación Provincial de Lugo informa de que ata finais de decembro, a circulación...

‘Castelao’, obra teatral de Culturactiva Produccións, en Quiroga

Culturactiva Produccións presenta este mércores 3 de decembro a obra “Castelao”. Esta actividade está...