HomesociedadeEntrega de diplomas aos 20 participantes no obradoiro Sarria, Camiño de Santiago...

Entrega de diplomas aos 20 participantes no obradoiro Sarria, Camiño de Santiago IV

A Xunta vén de entregar os diplomas aos participantes no obradoiro de emprego Sarria, Camiño de Santiago IV, que durante o último ano formou a 20 persoas desempregadas en campos con boa saída laboral, como son os relacionados coa albanalería e a carpintaría. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou 531.000 euros a financiar a actividade, promovida polo Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participaron este martes na clausura xunto co alcalde de Sarria, Claudio Garrido. Arias destacou que o Goberno galego financiará a posta en marcha doutro taller.

A actividade Sarria, Camiño de Santiago V comezará este ano e durará nove meses. Os destinatarios son 20 persoas sen emprego que recibirán formación teórica e práctica ao tempo que se benefician dun contrato de traballo mentres dura o obradoiro.

Arias felicitou ás persoas alumnas traballadoras que completaron con éxito o programa e animounas a aproveitar os coñecementos adquiridos “para optar a un emprego relacionado con estes sectores e mesmo para explorar as posibilidades de emprender un negocio”. Os que opten por esta vía “contarán co apoio da Xunta a través da rede de polos de emprendemento, nos que se presta de xeito gratuíto apoio e asesoramento a calquera persoa que desexe poñer en marcha unha iniciativa empresarial”. Lembrou que Sarria conta cunha destas oficinas dende o pasado verán.

O delegado tamén puxo en valor o traballo de servizo público que realizan os obradoiros. Subliñou que a posta en marcha do novo taller de emprego permitirá continuar cos labores de acondicionamento e embelecemento en puntos de interese de Sarria. Están proxectadas actuacións como a rehabilitación de dous pendellos no campo da feira; así como a instalación de portas e xanelas de madeira e outros revestimentos do mesmo material na oficina de turismo, entre outras actuación.

Obradoiro Sarria / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...