HomeEconomía51.600€ para mellora e equipamento do Viveiro de Empresas de Bóveda

51.600€ para mellora e equipamento do Viveiro de Empresas de Bóveda

O Concello de Bóveda vén de obter unha axuda da Xunta de Galicia para a mellora das instalacións, dotación e equipamento do novo viveiro de empresas, situado no polígono empresarial de Bóveda

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local solicitou 51.607 euros, dos cales a Xunta financiará o 80% en dúas anualidades, mentres que o 20% restante o asume o Concello de Bóveda. Este edificio foi construído para o uso de novas empresas, para alentar a súa creación e favorecelas nos seus inicios. A subvención obtida está destinada á creación, reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma.

Coas actuacións previstas preténdese:

  • Mellorar as prestacións do edificio e a eficiencia enerxética do mesmo coa instalación dun novo illamento térmico no falso teito da zona administrativa do viveiro. Con esta actuación, mellora o uso das dotacións existentes de infraestruturas e instalacións, e en consecuencia, lógrase unha mellora ambiental mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.
  • Mellorar os servizos aos usuarios, mellorando as dotacións existentes de infraestruturas.
  • Dotar ao viveiro de empresas dunhas instalacións de climatizacións adecuadas e enerxéticamente eficientes.
  • Dotar ao viveiro de empresas dun novo sistema de proxector e pantalla eléctrica mellorando o equipamento do viveiro e alcanzando unha mellora no uso das instalacións polos usuarios así como unha optimización da xestión das actividades levadas a cabo no mesmo.

As actuacións proxectadas considéranse imprescindibles para levar a cabo un uso adecuado das instalacións favorecendo co mesmo, a creación de espazos físico de calidade para o nacemento de novas empresas de carácter industrial, dotando ao viveiro das condicións e os servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación das empresas no municipio.

Tal e como explica o alcalde, José Manuel Arias, o novo equipamento e a dotación das novas infraestruturas técnicas “van permitir un funcionamento máis eficiente das instalacións, menor consumo de enerxía, maior eficiencia enerxética, menor custo asociado e unhas mellores prestacións”.

Viveiro de empresas / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...