HomesociedadeDon Bernardino triunfa en Corea do Sur cos seus "viños de finca"

Don Bernardino triunfa en Corea do Sur cos seus “viños de finca”

Don Bernardino de Amandi na D.O. Ribeira Sacra, unha das adegas emblemáticas da viticultura heroica, viaxou a Corea do Sur para participar na Taste Spain Seúl 2024 que promove ICEX España Exportación e Investimentos e a Oficina Económica e Comercial de España en Corea do Sur.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A expedición galega en Seúl, á que se lle estima un volume de negocio de 6M€, foi organizada por Ares 22 e estaba formada por tres empresas punteiras en produtos de calidade: Grupo Cuevas, Conservas Friscos e Don Bernardino. A adega acudía como representante dos viños tintos galegos para promocionar os seus viños de finca: Vacamulo, Finca Mezquita, 4ª Generación e Melanio.

“Para Don Bernardino poder presentarnos en Corea do Sur supón un importante paso para seguir abrindo novos mercados. Somos ademais pioneiros en comercializar os viños de Amandi en Asia. Sempre é unha honra dignificar e difundir os valores dos viños deste territorio”, asegura Diego Rodríguez, responsable de Don Bernardino.

A subzona de Amandi na D.O. Ribeira Sacra caracterízase pola súa pequena extensión de viñedos de forte pendente con orientación sur a beiras do río Sil. O territorio alterna chans graníticos e de lousas con elementos de xistos e cuarcitas. Todos eles elementos que lle dan gran personalidade a estes viños, tratados desde o respecto e o valor diferencial dos viños de finca.

Don Bernardino na Taste Spain Seúl 2024 / Don Bernardino

Vacamulo, Finca Mezquita, 4ª Generación e Melanio, os viños que Don Bernardino levou a Corea do Sur, son 100% Amandi, representando a máxima expresión desta subzona. Ademais contan co aval de numerosos premios e recoñecementos. A adega destaca situar aos catro por encima dos 95 puntos en Decanter Magazine ou que o cineasta, Woddy Allen, asinase no seu momento unha etiqueta de Vacamulo como mostra de apoio á singularidade do viño e creatividade do deseño.

“Presentámonos en Corea do Sur cos nosos viños máis especiais e vimos moi satisfeitos porque importadores e distribuidores destacaron a súa calidade e definíronos como os mellores viños do evento. O feedback foi bo, ademais do valor comercial, agora debemos elixir o importador adecuado con traballos previos de mercado, que saiba xestionar a falta de stock, porque os nosos envíos xa están vendidos”, explica Diego Rodríguez.

Fai máis dunha década Don Bernardino tocaba o cume da internalización presentándose no Eleven Madison Park de Nova York, naquel entón considerado o mellor restaurante do mundo. Durante este tempo a adega foi ampliando o mercado internacional sempre desde a calidade e o valor diferencial dos seus viños. Hoxe a exportación supón o 30% da facturación da adega, exportando a Europa e América do Norte. Coa presentación na Taste Spain Seúl 2024, súmase Asia como novo destino para os viños de Don Bernardino.

Don Bernardino na Taste Spain Seúl 2024 / Don Bernardino

ÚLTIMAS

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...

Coordinación entre concellos para mellorar a recollida de residuos

Tras varias xornadas de traballo, nos diferentes concellos adoptaranse medidas conxuntas para dar resposta...