HomesociedadeEste 23 de novembro Segredos de Pantón organiza o roteiro San Cosmede-Cibrisqueiros

Este 23 de novembro Segredos de Pantón organiza o roteiro San Cosmede-Cibrisqueiros

Nesta ocasión a proposta de Segredos de Pantón estará na parroquia de San Vicenzo de Pombeiro para percorrer o roteiro que une os lugares desta freguesía de Cibrisqueiros e San Cosmede.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na andaina, que contará con guía oficial, faranse diferentes paradas explicativas, unha delas ao xacemento do Preguntoiro. Ao remate da ruta visitarase a igrexa románica de Pombeiro, todo un símbolo e institución por estas terras de Pombeiro.

A actividade terá lugar o sábado, 23 de novembro, ás 9:30 h. Cóntase con 30 prazas respectando a orde de incrición. O custo da actividade será de 2 euros por persoa. Será necesario pagar o custo da actividade por adiantado para poder inscribirse. En caso de non poder acudir, informan de que estes cartos non serán devoltos.

Reservar mediante: Teléfono: 662 669 223 (Lucas Vázque), Correo electrónicosegredosdepanton@gmail.com, Redes Sociais: Instagram e Facebook. Estes mesmos contactos serven tamén para reservar praza nalgunha das actividades que organizará a asociación antes de que remate o ano:

  • 1 de decembro: Roteiro “Entre o río Cabe e o río Ferreira”
  • 2 ao 31 de decembro: VII Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón
  • 7/8 de decembro: Inauguración das decoracións de Nadal do Cotillón + Roteiro por Acedre

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...