HomeEconomíaGourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

Esta semana Gourmet Gallego celebrou a inauguración da súa nova tenda na Avda. de Galicia en Monforte de Lemos. No acto contouse coa participación do alcalde e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos, e todo o equipo de Gourmet Gallego. Para a ocasión, ofrecéronse degustacións de viños, táboas de queixos e outros produtos gourmet, reflectindo a excelencia e o compromiso da tenda coa gastronomía galega.

Gourmet Gallego nace da paixón e dedicación de Sara e Manuel Fernández Conde, un matrimonio comprometido coa revalorización da gastronomía e dos produtos galegos. Ambos, con raíces profundamente ligadas ao campo e a produción local, decidiron crear un espazo que combine tradición e excelencia, achegando os mellores produtos galegos aos consumidores tanto locais como nacionais.

Manuel Fernández destaca “Queremos poñer a Galicia na boca de todos, ofrecendo momentos inesquecibles coa mellor selección de produtos gourmet da nosa terra. Desde Monforte, buscamos non só ofrecer produtos, senón tamén compartir a esencia de Galicia”.

Durante a súa intervención, o alcalde, José Tomé, destacou a importancia deste tipo de establecementos gourmet para promover os produtos de calidade galegos, revitalizar o comercio e fortalecer a economía local. “É un orgullo ver como a xente se achega, degusta e leva consigo un pedaciño de Galicia”, sinala Sara.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...