HomePolíticaO PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O Partido Popular condena, en Santo Estevo do Sil, en Pantón, a “dobre desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia de Lugo: por unha banda, o illamento e a discriminación en materia de comunicacións e, por outra, “a evidente desconexión coa realidade do noso territorio”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP por Lugo no Congreso – Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades- e ao deputado ourensán, Celso Delgado, a preocupación do goberno local pola situación do núcleo de Santo Estevo do Sil: vivendas, adegas e viñedos quedan sen acceso debido á supresión dos pasos con motivo das obras na liña ferroviaria. “Sempre houbo apeadeiro e os veciños e veciñas sempre tiveron comunicados. Coas novas obras quedan todos incomunicados: os dun lado non poden acceder ás súas fincas e os do outro non poden acceder ao apeadeiro”, explica o rexedor.

Os veciños e veciñas da zona explicaron aos populares que “confiaban en que non se suprimiría o acceso, pero nos últimos días viron como avanzaba a construción dun muro para levantar vallas a ambos lados da vía e incluíndo a estación -polo que quedará inservible para o público- sen habilitar ningún outro tipo de paso alternativo que permita a comunicación entre ambas marxes da vía. De feito, en Canabal as obras incluíron a construción dun paso inferior”.

Conde afea a “improvisación do Goberno de Sánchez” en relación ás obras da vía “dende o punto de vista da seguridade e da accesibilidade”. Por unha banda, lembra os problemas detectados na liña a uns días da súa apertura parcial para o Alvia a Barcelona e, por outra, a eliminación do principal acceso a Santo Estevo sen ningún tipo de explicación.

Os deputados do PP dirixen formalmente preguntas para que o Goberno responda por escrito sobre a supervisión dos novos equipos de sinalización e a validación da liña área de contacto. E tamén queren que o Goberno explique os estudos realizados de forma previa para avaliar o impacto social das obras nesta zona, se mantivo contacto cos veciños e veciñas e que aclare os prazos nos que prevé construír un paso para garantir a accesibilidade ás vivendas e parcelas en condicións de seguridade.

PP Santo Estevo / PP provincial

Os senadores do PP por Lugo tamén se dirixen ao Goberno de Sánchez para que explique que medidas ten previsto adoptar e en que prazos para evitar o grave problema que practicamente imposibilita o acceso a varias vivendas.

Lembran os populares que as obras para a mellora da liña do tren entre Ourense – Monforte de Lemos – Lugo supuxeron a suspensión do servizo dende outono do 2022 e o incumprimento dos prazos que daba o Goberno para a reapertura da vía ata en catro ocasións: xullo do 2023, último trimestre do 2023, abril do 2024 e 30 de setembro do 2024.

En relación á recuperación dos servizos ferroviarios e á vista de que no Nadal se incrementa a demanda; os deputados populares preguntan que servizos e frecuencias vai ofrecer Renfe para circular dende Lugo ata Madrid ou Barcelona pasando por Monforte e Ourense nesta época. Tamén demandan que se repoñan os servizos que existían antes do inicio das obras na liña Ourense-Monforte de Lemos – Lugo. Así, piden ao Executivo estatal que aclare se vai incrementar as frecuencias entre Lugo e Madrid.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...