HomeDeportes90.000€ para melloras no Pavillón Polideportivo Municipal de Bóveda

90.000€ para melloras no Pavillón Polideportivo Municipal de Bóveda

O Concello de Bóveda vén de obter dúas subvencións da Xunta de Galicia para acometer as melloras “imprescindibles” no pavillón polideportivo municipal, o que vai permitir un mellor uso para os e as deportistas. As actuacións suporán un investimento superior aos 90.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Fondo de Cooperación local de Xunta de Galicia destina 46.101€ para os traballos de mellora da eficiencia enerxética da cuberta do pavillón polideportivo municipal. A eficiencia enerxética das instalación é moi baixa como consecuencia de moitos anos de antigüidade, o que fai que presente paneis translucidos moi deteriorados.

As obras consisten na mellora da envolvente térmica mediante a renovación da parte dos translucidos dos lucernarios da cuberta do pavillón, para acadar unhas prestacións térmicas axeitadas, moi superiores ás actuais e ás regulamentariamente esixibles.

Ademais, mellórase o benestar e o confort dos usuarios e dos traballadores do edificio ao conseguir unhas mellores prestacións, reducindo os gradientes de temperatura ao minimizar as entradas de calor e frío do exterior. As actuacións proxectadas supoñen a mellora da envolvente do pavillón municipal, o que permite acadar unha instalación con mellor illamento e mellores condicións de uso.

O Goberno local tamén solicitou unha axuda para a reforma e adecuación das instalacións, actuando sobre os acabados, sobre os accesos e carpintarías e sobre a instalación eléctrica e as instalacións térmicas, que presentan unha serie de carencias e deficiencias. As actuacións proxectadas van encamiñadas a mellorar a eficiencia, as prestacións e a seguridade das instalacións, incluíndo as instalacións de iluminación interior e de auga quente sanitaria.

Pavillón Bóveda / Concello de Bóveda

En concreto, vaise levar a cabo a renovación do pavimento da entrada e das paredes e teitos; carpintaría  e cerramento exterior cunha nova porta de acceso principal e cinco novas portas de acceso peonís; unha escaleira de acceso lateral; a renovación do cerramento da fachada e dos vidros existentes; iluminación interior de locais auxiliares cun cambio de tecnoloxía mediante de novas luminarias LED; e subministro e instalación de auga quente sanitaria nos vestiarios. O orzamento desta obra é de 46.854€, dos cales a Xunta de Galicia achega 40.000 euros en dúas anualidades. O restante achégao o Concello de Bóveda.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, destaca a importancia deste investimento que permitirá “dispor dunhas instalacións renovadas, que van ver melloradas a súas funcionalidades e prestacións para uso e desfrute de todos os usuarios e usuarias”.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...