HomesociedadeChantada abre o 5 de decembro a programación de Nadal co acendido...

Chantada abre o 5 de decembro a programación de Nadal co acendido da iluminación e a apertura do Poboado de Nadal

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase o xoves, 5 de decembro, ás 20:15h. co acendido das luces e a apertura do Poboado de Nadal que nesta ocasión instalarase na Praza do Mercado e na Praza da Paz, xa que a Praza do Cantón está afectada polas obras do Museo de Manuel Jorge.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada a través da Concellaría de Cultura prepara unha completa programación para celebrar en familia este Nadal. Ademais en colaboración coa brigada de Parques e Xardíns estase decorando a vila e instalando a iluminación para estas Festas. Este ano amplíase a decoración e a iluminación, “Aumentamos as luces que se poñen nas rúas e tamén incrementamos as rúas con iluminación. Engádense novos detalles decorativos nas rúas e prazas. Este ano queremos que teñan presenza en Chantada as 36 parroquias da vila e na zona de Leonardo Rodríguez reflectímolas de modo simbólico na decoración das árbores. Seguimos apostando polo Poboado e aumentando as súas pezas para crear ese espazo de encontro que é un referente en Chantada durante o Nadal”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

En canto á programación para estas Festas, despois da inauguración da decoración, a primeira cita será o 20 de decembro ás 17:00h na Biblioteca Municipal co contacontos interactivo,Nadal en Prácticas”.

O Auditorio Municipal será o escenario de catro propostas especialmente pensadas para o público infantil e para compartir en familia. O día 23 de decembro ás 19:00h. acollerá o espectáculo infantil “Elfos en prácticas”. O 27 de decembro ás 19:00h proxectarase a película infantil, “Migración, unha viaxe patas arriba”. Segue o cine o 30 de decembro coa proxección de “El chico y la garza” e o 2 de xaneiro ás 19:00h. contarase co espectáculo infantil “Picadiscos”.

A Cabalgata de Reis celebrarase o 5 de xaneiro desde as 18:30h. Despois do desfile polas rúas da vila, as Súas Maxestades recibirán ás nenas e nenos no Auditorio Municipal onde haberá chocolatada popular.

A programación de Nadal no Concello de Chantada complétase cos campamentos e obradoiros destinados aos máis novos/as da casa co obxectivo de favorecer a conciliación durante estas Festas. Para participar nestas actividades abriranse inscricións na Casa da Cultura nos próximos días.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...