HomesociedadeAberto o prazo para solicitar as 1.750 prazas do Lugo Termal con...

Aberto o prazo para solicitar as 1.750 prazas do Lugo Termal con descontos nos balnearios da provincia

Está dirixido a veciños e veciñas da provincia con 50 anos ou máis, que poden acudir cun acompañante que non teña necesariamente esta idade, e ofrece 15 técnicas termais na modalidade con estancia, e 30 na modalidade sen estancia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu este luns, 2 de decembro, o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa Lugo Termal,co que ofrece descontos de entre o 10 e o 20% nos catro balnearios da provincia, en Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz.A institución provincial favorece o benestar social e, ao mesmo tempo, promove o turismo termal con esta iniciativa, á que destina 121.605€ nesta nova edición, un 30% máis que na anterior convocatoria.

Os requisitos que deben cumprir os solicitantes son: estar empadroados en calquera concello da provincia, valerse por si mesmos para as actividades da vida diaria, á excepción de fillos que acudan en calidade de acompañantes, non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar á normal actividade e convivencia nos establecementos, ou ter algunha contraindicación médica para recibir os tratamentos termais.

Poden atopar o formulario de inscrición no Boletín Oficial da Provincia do sábado, 30 de novembro, onde saen publicadas as bases do programa ou ben a través da sede electrónica na páxina web da Deputación. O formulario poderá presentarse xunto coa fotocopia do DNI en calquera rexistro oficial ou a través da sede electrónica da institución provincial.

O Lugo Termal ofrece dúas modalidades: con estancia e sen estancia, adaptándose así ás necesidades e preferencias de todos os usuarios. Concretamente, o programa contará con 1.100 prazas con estancia: 40 no Balneario Termas de Lugo, 60 no Balneario Río Pambre, 500 no Balneario de Guitiriz e 500 no Hotel Balneario Augas Santas. Ademais a Deputación ofrecerá outras 650 prazas sen estancia: 200 no Balneario lucense das Termas, 150 no Balneario Río Pambre, 150 no Balneario de Guitiriz e 150 no Hotel Balneario Augas Santas.

A modalidade con estancia contempla seis días e cinco noites en pensión. O prezo é de 275€, dos cales a Deputación sufragará 110,55€. Inclúe servizo de cea e aloxamento o día de entrada, que será sempre os domingos, e tamén conta con servizo de almorzo e xantar o día de saída, podéndose alternar por servizo de xantar e cea o día de entrada e almorzo o día de saída, acordando previamente co balneario. Será en habitacións de uso compartido (os usuarios que soliciten unha individual, se o balneario ten dispoñibilidade, aboarán a diferenza correspondente aos prezos establecidos). Aplicaranse un mínimo de 15 técnicas termais, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconselle, e haberá un programa de animación sociocultural de luns a xoves.

A modalidade sen estancia contempla dez días (de luns a venres) e o prezo a pagar polos usuarios e usuarias é de 150 euros. Inclúe 30 técnicas termais como mínimo, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconselle.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...