HomeEconomía13 iniciativas do sur da provincia lideradas por mulleres contan con axudas...

13 iniciativas do sur da provincia lideradas por mulleres contan con axudas do programa EMEGA

A Xunta apoia 47 iniciativas empresariais lideradas por mulleres na provincia de Lugo a través das axudas do programa EMEGA de emprendemento feminino. Os importes concedidos suman 614.000 euros. Na Zona Sur hai 13 beneficiarias: sete en Monforte de Lemos, dúas no Saviñao e unha en Taboada. Tamén se impulsan dous negocios de mulleres en Sarria e un en Paradela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Política Social e Igualdade concede estas axudas para fomentar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres. Tamén medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que estes incentivos permiten crear ou consolidar 96 empregos femininos en 21 concellos lucenses. Corresponden á convocatoria deste ano, cuxa resolución foi publicada no DOG.

No conxunto da provincia estas axudas apoian iniciativas de arquitectura, psicoloxía, ensino, farmacias, centros de estética, salóns de peiteado, panaderías, asesorías, prestación de servizos dixitais a empresas, restaurantes, cafeterías, bares, pastelerías, taxistas, empresas dos ramos da automoción e da carpintería metálica; tendas de roupa, calzado, alimentación e decoración; unha agrotenda; negocios de organización de eventos; elaboración de artigos artesanais, fabricación de próteses dentais; unha tinturería; servizos forestais; un almacén de materiais de construción ou servizos de limpeza, entre outros.

O programa EMEGA está integrado por catro liñas: Emprende, con incentivos para a posta en marcha de novas empresas por parte de mulleres desempregadas e a creación de emprego estable por conta propia e allea; Activa, para favorecer a reactivación e consolidación e mellora de proxectos empresariais; ITEF, que pon o foco no apoio a iniciativas empresariais con carácter innovador, con contido científico ou de base tecnolóxica; e a liña Concilia, complementaria das tres anteriores, para axudar tanto ás mulleres promotoras como as traballadoras ao seu cargo na súa conciliación.

A contía dos apoios vai dos 8.000 euros por beneficiaria aos 27.000 en función da liña solicitada e do número de postos de traballo creados ou mantidos para mulleres de carácter indefinido. A estas contías engadiríase, de ser o caso, a axuda complementaria da liña Concilia, que oscila entre os 3.000 e os 5.000 euros.

Para resultar beneficiarias desta iniciativa, as mulleres emprendedoras deben liderar unha microempresa ou pequena empresa validamente constituída e domiciliada en Galicia.

ÚLTIMAS

O programa para a XXI Feira Medieval darase a coñecer na inauguración do ‘mercado temático’ da Praza de Abastos de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará este sábado día 5 de abril ás...

Agreden a un árbitro menor de idade tras o partido entre o Calansancio e o Arenteiro

A familia dun árbitro de 16 anos presentou unha denuncia ante a Policía Nacional...

O Concello de Chantada inviste 53.000€ na adecuación da contorna da igrexa de Santa María de Nogueira

O Concello de Chantada conta cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de...

Monforte estrea pistas de tenis con plataforma automatizada de alugueiro

Rematan as obras de reparación das pistas de tenis municipais consistentes na mellora do...