HomesociedadePresentado o operativo invernal para garantir a seguridade nas estradas provincias

Presentado o operativo invernal para garantir a seguridade nas estradas provincias

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita do Cebreiro o Plan de Vialidade Invernal despregado polo organismo provincial para a temporada 2024-2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo do operativo invernal que vén de presentar o presidente da Deputación de Lugo en Pedrafita ten como obxectivo garantir unha resposta áxil e eficaz ante as incidencias que poidan xurdir polas inclemencias meteorolóxicas nos 4.217 quilómetros da rede viaria provincial.

O plan inclúe un operativo composto por 112 operarios e 64 máquinas, así como a colaboración de 8 empresas especializadas en conservación e mantemento, que traballarán de forma coordinada cos medios da institución en cada unha das 8 zonas en que se divide a rede viaria.

José Tomé Roca, presente no acto de presentació, estivo acompañado doutras autoridades como deputados provinciais de diferentes áreas e algúns alcaldes de concellos lucenses, destacou que a seguridade nas estradas “é un dos principais eixos do Goberno provincial e que este operativo busca actuar coa máxima eficacia e rapidez para garantir que as vías de titularidade provincial estean nas mellores condicións para o tránsito seguro durante a campaña invernal”. Subliñou ademais que, dado que máis da metade das estradas provinciais superan os 600 metros de altitude, “estes tramos están especialmente expostos ás inclemencias meteorolóxicas”.

A Deputación conta tamén cun total de 420 toneladas de sal distribuídas en 12 silos situados estratexicamente por toda a provincia. Estes silos tamén estarán dispoñibles para os 67 concellos da provincia en caso de emerxencias ou fortes temporais.

COLABORACIÓN DOS CONCELLOS

O Presidente da Deputación subliñou que o protocolo de actuación do Plan de Vialidade Invernal está a disposición dos 67 concellos da provincia para fomentar a colaboración entre administracións. “Poñemos á disposición dos concellos da provincia todos os recursos necesarios, tanto humanos como técnicos, para que tamén poidan afrontar as emerxencias meteorolóxicas que afecten ás súas estradas municipais”, explicou.

Ademais, a institución provincial subministra sal de mina aos concellos para que poidan atender os problemas que se xeren nas estradas municipais debido ás condicións meteorolóxicas adversas.

Dos 12 depósitos de sal que hai na montaña lucense como parte do operativo presentado, tres deles están no sur de Lugo, concretamente no Incio, Folgoso do Courel e Ribas de Sil. Cada un destes almacéns dispón de 35 toneladas de sal de mina, o que fai un total de 420 toneladas dispoñibles para cubrir as necesidades dos concellos ante as inclemencias do tempo.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...