HomePolíticaIago Suárez, novo responsable local do BNG de Chantada

Iago Suárez, novo responsable local do BNG de Chantada

As persoas que integran a Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego de Chantada reuníronse esta fin de semana para renovar a responsabilidade local da organización após a Asemblea Nacional do BNG que tivo lugar o pasado 1 de decembro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización nacionalista escolleu a Iago Suárez como o novo responsable local. De 27 anos de idade, veciño de Chantada e tradutor de profesión, actualmente é deputado polo BNG no Parlamento galego, cargo para o que foi escollido nas eleccións galegas do pasado 18 de febreiro.

Suárez vén formando parte das candidaturas do BNG de Chantada nas eleccións municipais desde 2019 e ata hai uns meses era o responsable de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, no sur de Lugo.

Sobre a súa nova responsabilidade no BNG de Chantada o deputado nacionalista asegura que “é unha honra que as compañeiras e os compañeiros me escollesen como o seu novo responsable local. Afronto o reto con ilusión e con moitas ganas de traballar por Chantada se cabe aínda con máis forza”.

O principal obxectivo, asegura o novo responsable local, é “volver facer parte da corporación e para iso, asegura comezamos a traballar desde xa as vindeiras eleccións municipais”. “Vimos de tempos complicados, pero o BNG está nun momento excelente e en Chantada contamos cun grupo humano marabilloso co que vimos traballando estes anos para o noso concello mesmo fóra do Concello”. Así Suárez destaca que fará “todo o posible por levar as reivindicacións de Chantada ao Parlamento onde, entre outras cousas, xa conseguimos o acordo para que se faga un novo campo de fútbol e onde vimos reclamando
maior investimento para o noso concello”.

“Un BNG forte é a mellor garantía de que as necesidades da veciñanza se escoitan nas institucións, xa sexa nos concellos ou no Parlamento, por iso traballamos desde xa cara a ese obxectivo”, finaliza Iago Suárez.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...