Entre outros asuntos, Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo, fixo referencia á “forte aposta” polo Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, con máis de 2 millóns de euros destinados este ano ás obras do novo laboratorio de Microbioloxía e da área de Cardioloxía e á licitación do contrato para implantar a área de Pneumoloxía e Dixestivo. Aos que se suman os avances no Plan Director, cun orzamento de 1,4 millóns de euros asignado para o vindeiro ano.
O delegado referiuse tamén ao impulso que supón a recente declaración como área Rexurbe -a oitava de Galicia- do conxunto histórico artístico desta localidade e da súa contorna.
No eido das infraestruturas, lembrou que vén de rematar a intervención na estrada LU-933 en Monforte, no tramo coincidente coa rúa Chantada e a Avenida Galicia. O Goberno galego investiu uns 52.000 euros nesta actuación co fin de mellorar a seguridade viaria e a comodidade de rodadura dos usuarios desta vía.
Comisión Territorial / Delegación Territorial