HomeEconomíaClausúrase en Chantada o obradoiro Serra do Faro VIII e bota andar...

Clausúrase en Chantada o obradoiro Serra do Faro VIII e bota andar a IX edición

Este luns clausurouse en Chantada o obradoiro dual de emprego Serra do Faro VIII, promovido polo Concello de Chantada asociado cos concello de Carballedo e Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coincidindo coa clausura, inaugurábase a IX edición que toma o relevo do anterior, tamén financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que inviste algo máis dun millón de euros en ambas iniciativas.

Deste doble acto que tivo lugar no salón de plenos da Casa da Cultura, participaron o delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias, a directora provincial de Emprego, Carmen José López,  o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, o de Carballedo, Julio Yebra, o alcalde de Taboada, Roi Rigueira e Diego Otero como concelleiro de Obradoiros de Chantada, ademais das 40 persoas participantes nos dous obradoiros.

Estas persoas reciben formación durante 12 meses nos módulos de Xardinaría, Albanelaría e Atención Sociosanitaria, que presentan unha elevada demanda no mercado laboral. De feito as persoas do módulo de Atención Sanitaria xa atoparon traballo na Residencia de Carballedo. Este módulo inclúe formacións e actividades prácticas que tamén se desenvolven no Fogar Residencial e Centro de Día da Barrela, porque o módulo céntrase na atención a persoas dependentes.

Os outros módulos centraron a actividade no Parque Eloísa Rivadulla co acondicionamento dos baños públicos e a creación dunha zona pavimentada no Parque, ademais do seu axardinamento, a creación dunha pequena zona verde na Avda, de Lugo e o mantemento doutros espazos verdes da vila.

Nesta nova edición os módulos de Xardinaría e Albanelaría executarán unha zona de plataforma única no parque Eloísa Rivadulla e acondicionarán miradoiros no paseo fluvial. Realizaranse tamén traballos de conservación de xardíns e zonas verdes e creación de novos espazos destas características no municipio.

“Desde o Concello de Chantada apostamos pola creación e búsqueda de emprego, ofrecendo novas oportunidades formativas e laborais para as persoas desempregadas. Por iso, ademais de promover estes obradoiros tamén contamos co Programa Integral de Emprego do que tamén vén de comezar unha nova edición”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...