HomeCulturaQueres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

O Concello de Chantada ten programada para o día 5 de xaneiro a Cabalgata de Reis que dará comezo ás 18:30h. Melchor, Gaspar e Baltasar esperan contar coa compaña de paxes na súa visita a Chantada. Os nenos e nenas que quieran desfilar cos Reis Magos o día da Cabalgata deben de ser maiores de 4 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais e nais teñen de prazo para inscribir aos seus fillos/as e asinar a autorización correspondente, ata o día 30 deste mes, na Casa da Cultura de Chantada en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00 de luns a venres e os sábados de 10:00h a 14:00h.

Precisamente cos/coas máis novos/as da casa ábrese a programación de actividades deste Nadal en Chantada. A Biblioteca Municipal de Chantada acollerá este venres, 20 de decembro, o contacontos interactivo, Nadal en Prácticas”. A cita desenvolverase ás 17:00h con entrada libre e gratuíta.

O resto de propostas para público infantil desenvolveranse no Auditorio Municipal a partir das 19:00h., comezando o día 23 de decembro co espectáculo “Elfos en prácticas”. Tamén o 23 de decembro dan comezo os Campamentos de Nadal do Pavillón Municipal e os Obradoiros Creativos que terán lugar na Casa da Cultura.

ÚLTIMAS

O PP pon a Daveiga como exemplo de eficiencia e competitividade no rural

Os deputados populares coñeceron todo o proceso produtivo destas galletas, ademais de interesarse polo...

Pantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro de Emprego

O Obradoiro imparte a formación de 'Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes'...

O enxeñeiro agrónomo ‘Cuqui Silva’ pregoará o VIII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Concello de Monforte anuncia que José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como ‘Cuqui Silva’,...

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...