HomeCulturaA monfortina, Estefanía Fernández, ofrecerá un concerto solidario no HULA este 2...

A monfortina, Estefanía Fernández, ofrecerá un concerto solidario no HULA este 2 de xaneiro

Estefanía Fernández, a alumna do IES Río Cabe de Monforte de Lemos que este ano concursou en La Voz Kids, cantará este 21 de decembro no Bodegón Ribeira Sacra de Monforte e o 2 de xaneiro no HULA cun concerto solidario e de homenaxe ao persoal sanitario.

Publicado o

- Advertisement -

Este 2024 Estefanía Fernández de 14 anos e veciña de Monforte de Lemos concursou en La Voz Kids de Antena3, e da man de Rosario Flores chegou cerca da final. A participación no programa fixo que seu pai, Vicente Fernández, decidise divulgar nas redes sociais o talento que Estefanía ten e foi colgando as diferentes actuacións, ademais para esta época de Nadal conseguíronse novos concertos.

Así este sábado, 21 de decembro, Estefanía actuará no Bodegón Ribeira Sacra de Monforte de Lemos, localizado na rúa Malvarón. A cita desenvolverase a partir das 18:00h con entrada libre e gratuíta para poder desfrutar da voz de Estefanía que interpreterá novos temas e algunha canción de Nadal. No seu repertorio para o concerto no Bodegón Ribeira Sacra leva tamén “Si me das a elegir”, a versión que Rosalía interpretou nos Goya 2019.

Estefanía Fernández / VF

Xa para o día 2 de xaneiro ás 12:00h. Estefanía cantará no hall do HULA e despois na área de pediatría para os nenos e nenas de distintas patoloxías que durante estas festas non poden estar na casa coas súas familias, “Quixen facer un concerto solidario nestas Festas que son para pasar en familia, e moitas persoas e nenos e nenas teñen que pasalas no hospital soas. É unha época sensible e por iso vou ir cantarlle á xente ingresada e en agradecemento a todos os sanitarios que todos os días salvan vidas e están aí ao pé do canón”.

Vicente, seu pai, asegura que lle propuxeron ao Hospital Comarcal de Monforte que Estefanía actuará ali por estas Festas, contactaron por correo, pero non obtiveron resposta, “Temos que agradecer moito a boa aceptación que tivo a nosa proposta por parte de Gloria de Humanidade do HULA, sempre nos apoiou na organización deste concerto que tamén pretende visibilizar as secuelas que deixou a Covid en moitos pacientes e que aínda non teñen un recoñecememento axeitado das súas patoloxías. As cousas fanse con corazón ou non se fan e no HULA sempre aseguraron que este tipo de actuación era un luxo”, puntualiza o pai de Estefanía.

Estefanía Fernández / VF

Despois do seu paso por La Voz Kids, Estefanía Fernández segue coa súa formación de piano no conservatorio e continúa asistinto a clases de guitarra e de canto. Este verán fixo actuacións no Cardenal e na zona das vivendas Val de Lemos en Monforte ou no establecemento Solpor en Ribas de Sil. Ademais destes concertos solidarios de Nadal, o 15 de febreiro viaxará a Mieres, Asturias, para reatoparse con algúns seus compañeiros de programa nunha gala para recadar fondos na loita contra o cancro infantil. A cita está organizada pola Asociación Galbán de Oviedo coa colaboración do Concello de Mieres.

Estefanía Fernández / VF

ÚLTIMAS

Segunda fin de semana de Mercado de Nadal na Praza de Abastos de Monforte

Ó igual que a pasada fin de semana, o Mercado de Nadal de Monforte,...

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...