HomesociedadePrimeira fin de semana do 'Mercado de Nadal' de Monforte

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Desenvolverase no espazo expositivo da Praza de Abastos e abrirá as súas en horario de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:30 h. polas tardes. Ademais dos 15 postos confirmados haberá interesantes actividades creativas e de lecer para todos os públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do Concello de Monforte. Seguindo a tradición destes últimos anos, o evento enfócase para dinamizar o mercado local, potenciar a artesanía e ofrecer diferentes actividades para nenos e nenas, ademais de propostas musicais para todos os públicos.

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

O evento terá lugar no espazo expositivo da Praza de Abastos de Monforte en dúas fins de semana. Unha primeira, os días 21 e 22 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:30 horas polas tardes. E unha segunda, os días 28 e 29 de decembro, no mesmo lugar e co mesmo horario.

QUE MERCAR?

Neste mercado de Nadal os visitantes poderán atopar 15 postos que ofrecerán unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía típica de Nadal, como artesanía en coiro, pintura, bixutería, madeira, complementos téxtiles, calzados, produtos gourmet, galletas artesanais, tartas de queixo artesás, cosmética natural, etc.

PROPOSTAS CREATIVAS E DE LECER

Para completar a oferta comercial e achegar público ao recinto o mercado contará cun variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

O sábado 21 ás 12 da mañá celebraranse dous Obradoiros artesanais: un para público infantil de pintura e decoración dunha árbore de Nadal e outro de coiro para tódalas idades, coa elaboración dun marcapáxinas ou ben unha pulseira de coiro.

Pola tarde, ás 18:00 horas, terá lugar o espectáculo de Duende CircoPallaso Total” e ás 19:00 horas o Obradoiro de cociña/Showcooking de Nadal no Espazo gastronómico da Praza, que dará ideas de aperitivos para estas festas coa elaboración de tres alternativas diferentes a cargo do Chef Manuel Rodríguez.

O domingo 22 ás 12:00 h terá lugar un obradoiro de artesanía de elaboración de adobíos de Nadal e pola tarde ás 18:30 h o espectáculo “Chungo que te cagas” de Peter Punk para todas as idades.

CONCERTO PARA ANIMAR AO COMERCIO E Á HOSTALERÍA

Nesta primeira fin de semana, e como final ao Mercado de Nadal, o sábado a partir das 20:00 h. haberá un concerto a cargo do grupo monfortino SIE7E ROJO. Repetindo a experiencia de anos anteriores, o Concello de Monforte busca deste xeito ofrecer actuacións a grupos de música locais ao tempo que anima a Rúa Cardenal e dinamiza o comercio local.

Cartel tipo do grupo monfortino SIE7E ROJO. Foto cedida por eles.

O sábado 28, no mesmo lugar e á mesma hora, será a quenda de Movilla y los Irrepetibles.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...