HomesociedadeNova maquinaria para o Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda...

Nova maquinaria para o Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda do IES A Pinguela

O investimento chega grazas a diversos programas de apoio á adquisición de material industrial da Consellería de Educación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela vén de presentar ao entorno produtivo, alumnado e profesorado o novo “Espazo de Tecnoloxía Aplicada” e a nova maquinaria do Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda adquirida co apoio da Consellería de Educación por medio do programa Techno Shoemakers e outros de apoio á adquisición de material industrial. O investimento en maquinaria, nalgúns casos de última xeración, supera os 65.000 euros.

Ademais da dirección, alumnado e profesorado, estiveron presentes no acto os xerentes das empresas de calzado de Monforte de Lemos: Curtidos Galaicos (CURGAL) e Calzados Losal. Nos dous casos valoraron moi positivamente o novo equipamento para as aulas e dende a dirección agradecéronlles “o seu apoio na formación do alumnado de FP Dual como no permanente acompañamento das actividades dos nosos ciclos formativos”.

Dirección, alumnado, profesorado e xerentes de Curgal e Calzados Losal. Foto: IES A Pinguela.
CONVERSIÓN DE AULAS EN ESPAZOS DE TECNOLOXÍA APLICADA

A actuación do Programa de Cooperación Territorial “Conversión de aulas en espazos de tecnoloxía aplicada” execútase a través dos créditos que se distribúen ás Comunidades Autónomas e enmárcase na compoñente 20 do Plan Estratéxico de Impulso da Formación Profesional, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O obxectivo da mesma é a conversión de aulas en espazos que se aproximen a contornas de traballo, coa incorporación de recursos propios de cada sector produtivo, mediante simuladores e outros elementos tecnolóxicos. O IES A Pinguela participou nesta actuación pola que lles foi transferida unha partida económica de 55.000 € para a súa posta en marcha.

ÚLTIMAS

Raquel Arias, regresa ao IES Río Cabe para compartir as súas experiencias profesionais

Durante a súa intervención, Raquel Arias fixo un percorrido pola súa traxectoria vital, desde...

Quiroga destina 22.600€ a “Un Soño de Nadal”

Esta decoración con puntos estratéxicos nos que se concentrará a maior parte da decoración:...

A Piscina Municipal Climatizada de Chantada faise máis accesible

Despois de renovar antes do verán o sistema de ventilación das salas de ximnasia,...

O equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, recibiu as súas novas equipacións

A Fundación Breogán celebrou un acto de entrega de equipacións deportivas ao seu equipo...