HomePolíticaO PP de Monforte pedirá a derogación da nova normativa que rexe...

O PP de Monforte pedirá a derogación da nova normativa que rexe o rexistro de viaxeiros

A realidade é que Monforte goza cada vez de maior peso como destino turístico, sen esquecer que os monfortinos tamén son turistas noutras cidades. “A aprobación desta normativa afecta negativamente ao sector turístico da nosa cidade e toda a súa cadea de valor, e tamén atenta a os dereitos e privacidade dos nosos veciños cando actúan como turistas”, sinalan desde o PP.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros do PP de Monforte defenderán no pleno que a corporación inste ao Goberno central á derrogación do Real Decreto 933/2021, do 26 de outubro, polo que se establecen as obrigacións de rexistro documental e información das persoas físicas ou xurídicas que exercen actividades de hospedaxe e alugueiro de vehículos de motor, procedendo urxentemente a establecer unha canle de interlocución fluído e construtivo cos nosos operadores hostaleiros, de axencias de viaxes e de alugueiro de vehículos afectados.

A voceira popular, Katy Varela, explica é preciso alcanzar unha solución consensuada e satisfactoria cos operadores afectados, ditar as normas precisas de desenvolvemento sobre as obrigas de rexistro documental e información das persoas físicas ou xurídicas que exercen actividades de hospedaxe e alugueiro de vehículos de motor. “Cómpre descartar calquera medida que poida danar a actividade turística e atentar contra a intimidade da seguridade de turistas e clientes”, afirmou.

Katy Varela recorda que tanto o Congreso como o Senado rexeitaron esta normativa, pero o Goberno de Pedro Sánchez ignorou por completo ambos pronunciamentos, descartando considerar un novo período de prórroga para a entrada en vigor desta “complexa e inasumible normativa, que lastra de cheo a operativa diaria de moitas pequenas empresas da cadea de valor turística, poñendo en risco con iso o funcionamento dos fluxos turísticos, á vez que xerando serios interrogantes de índole xurídica en materia de protección de dereitos e privacidade de turistas e usuarios, tanto de carácter doméstico como internacionais”. 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...