HomesociedadeSomos máis de Papá Noel ou de Apalpador?

Somos máis de Papá Noel ou de Apalpador?

Os concellos do sur de Lugo apostan de diferente xeito pola presenza destes dous personaxes típicos do Nadal. Facemos un repaso por diferentes municipios.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

En Sarria foron máis alá, xuntaron no mesmo lugar a Papá Noel, O Apalpador e o Grinch. Os tres personaxes visitaron a vila no día previo ao reparto de agasallos. Este encontro foi grazas ao Club de Clásicos e outros clubs participantes que fan posible unha cabalgata cada ano por estas datas.

Cola para ver a Papá Noel, O Apalpador e o Grinch. Foto: Concello de Sarria.

En Quiroga tiveron ao Apalpador o pasado luns 23 de decembro pola mañá nun obradoiro dos que se organizan dende a concellería de Educación, Infancia e Igualdade –“Xogamos co Apalpador”– e recibiron a Papá Noel pola tarde despois de gozar dun delicioso chocolate na rúa Campo da Feira. Pero non queda aí a cousa, O Apalpador estará tamén na Feira de Nadal que organiza o Concello de Quiroga. Concretamente o día 28 de 11:00 a 13:00 h. fará unha ruada e rematará contando historias no recinto feiral, situado na Praza España.

O Apalpador nos obradoiros de conciliación de Quiroga. Foto: RMTQ.

En Sober tiveron a Papá Noel por partida dobre. Primeiro visitando o Festival de Nadal o pasado 15 de decembro e días despois, o 20 de decembro, no PAI (Punto de Atención á Infancia) no CEIP Plurilingüe onde agasallou á cativada.

Visita de Papá Noel ao PAI de Sober. Foto: Concello Sober.

Papá Noel estivo dúas veces en Chantada. Estivo o pasado sábado 21 nas rúas e comercios da vila acompañado pola “Banda Infantil” da Casa da Música de Chantada e no Poboado de Nadal da praza do Mercado de 17:00 a 19:00 h. o luns 23 recibindo a toda a moita cativada que quixo visitalo. A actividade foi organizada pola Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra coa colaboración do Concello de Chantada.

Papá Noel en Chantada. Foto: CCA Ribeira Sacra.

Monforte de Lemos tamén recibiu aos dous personaxes. Papá Noel chegou convidado polo CCU de Monforte podéndose ver en diferentes barrios da cidade durante os días 22, 23 e 24 e e accedendo aos puntos de encontro montados nun tren; e o Apalpador estivo na mañá do martes 24. Como é tradicional nestes últimos anos, moveuse por varias rúas do centro, acompañado do acordeonista Servando Barreiro, e rematou na Praza de abastos. Na ruada con acompañamento musical fixo cantar á xente que se achegaba, contoulles a verdadeira historia do Apalpador e fixo chegar mensaxes de igualdade, paz e sensibilidade medioambiental.

O Apalpador en Monforte. Foto: XdL

No Concello do Saviñao decantáronse por Papá Noel. Estivo o día 22, facendo un paseo no ‘Tren de Papá Noel” e recepción no Centro Sociocultural de Currelos pola mañá, e a mesma actividade desenvolveuse pola tarde en Escairón con recepción na casiña que ten diante da Casa do Concello. Nese caso, ao rematar tiveron un canón de neve e houbo chocolatada para todos.

E para rematar, comentar a xa tradicional visita ao Apalpador que organizará o Concello de Folgoso do Courel o 28 de decembro. Ás 17:00 h. recibirá a nenos e a adultos na súa casa, na Devesa de Rogueira, e despois farase unha festa e haberá merenda para todas e todos.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...