HomesociedadeMonforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

O Concello de Monforte de Lemos obtén a certificación da Marca Q de Calidade Turística, outorgada polo Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE), para 5 espazos turísticos: a Oficina de municipal de Turismo, o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, a Oficina municipal de Atención ó Peregrino do Camiño de Inverno, o Miradoiro do Duque e a Torre da Homenaxe de San Vicente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos polo ICTE, que avalían aspectos como a atención ao cliente, a accesibilidade, a seguridade, a sustentabilidade e a calidade dos servizos ofrecidos aos turistas. “Con esta certificación, o Concello de Monforte de Lemos, reafirma o seu compromiso co turismo de calidade e a mellora continua da experiencia dos nosos turistas”, salientou José Tomé, quen engadiu que “a Marca Q é un símbolo de confianza e excelencia que posiciona ó noso municipio como un destino turístico de referencia dentro do panorama nacional. Este recoñecemento non só pon en valor os espazos certificados, senón tamén o esforzo conxunto do persoal e as institucións locais para ofrecer un servizo de calidade que satisfaga as expectativas dos turistas”.

Coa obtención da Marca Q, o Concello de Monforte de Lemos, reforza o seu compromiso coa promoción do turismo responsable e sostible, contribuíndo ó desenvolvemento económico da cidade e ó benestar dos cidadáns.

“Este recoñecemento é un paso máis na nosa estratexia de seguir consolidando a Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, como un destino turístico de calidade e excelencia para os nosos visitantes. Queremos seguir ofrecendo a quen nos visita un servizo impecable e unha experiencia única. Esta importante distinción recoñece o compromiso do noso Concello coa excelencia e a mellora continua na atención ao visitante e a oferta turística local, e tamén case comarcal” subliñou o Alcalde.

Vantaxes destas distincións:

  • Mellora da calidade na atención ó turista.
  • Potenciación da imaxe e visibilidade do Concello.
  • Incremento da competitividade no sector turístico.
  • Mellora da xestión interna e a optimización dos recursos.
Oficina de Turismo de Monforte / Concello de Monforte

Beneficios específicos para os recursos turísticos certificados.

-Oficina municipal de Turismo: A certificación asegura que a Oficina de Información Turística de Monforte de Lemos cumpre cos estándares máis altos en canto a atención ao cliente, dispoñibilidade de información actualizada e accesibilidade. Os visitantes poden contar cun servizo profesional e adecuado ás súas necesidades, o que aumenta a satisfacción e a posibilidade de repetir a visita.

-Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra: O centro, que é un eixo fundamental na promoción do Enoturismo na Ribeira Sacra, ve reforzada a súa capacidade para ofrecer unha experiencia educativa e de calidade sobre a viticultura e o viño. A certificación potencia a súa relevancia como atractivo turístico de primeiro nivel dentro da Ribeira Sacra.

-Oficina municipal de Atención ó Peregrino Camiño de Inverno: A certificación da Marca Q é especialmente relevante para os peregrinos que transitan polo Camiño de Inverno. Garante que a oficina cumpra cos estándares de servizo, accesibilidade e orientación necesarios para asegurar unha experiencia de peregrinaxe positiva e enriquecedora.

Torre da Homenaxe e Parador de Turismo de Monforte / aribeirasacra.info

-Miradoiro do Duque e Torre da Homenaxe: Estes dous espazos singulares, ademais de ser puntos crave na oferta turística de Monforte de Lemos, benefícianse da certificación da Marca Q ó asegurar a calidade da información e a seguridade para os visitantes.

Ademais, refórzase a súa conservación e promoción como patrimonio cultural, natural e paisaxístico da Ribeira Sacra, cada un no seu enclave paisaxístico, histórico, artístico e patrimonial respectivamente.

No que se refire a espazos singulares, nos que se inclúe a Torre da Homenaxe e o Miradoiro do Duque, en España, hai 7 espazos certificados deste tipo, 2 en Huelva, 2 Pontevedra e 3 Lugo, a Rede de Miradoiros de Sober, e agora a Torre da Homenaxe e o Miradoiro do Duque.

En canto a museos, en España, hai 36 establecementos certificados neste sector, e en Galicia 3, 2 en Pontevedra e 1 en Lugo, que é o Museo do Viño da Ribeira Sacra de Monforte.

En España hai certificadas 235 oficinas de información turística, das cales 14 están en Galicia, e 3 delas na provincia de Lugo: a Oficina municipal de Turismo e a Oficina municipal de atención ó Peregrino de Monforte, ás que se engade a oficina de información turística de Chantada, que obtivo tamén a S de Sostibilidade.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...