HomePolíticaO PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son...

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

Dende o Grupo Municipal do PP de Monforte solicitaron ao goberno local acceso á información sobre todas as multas impostas durante o ano 2024, tanto de cámaras de vídeovixilancia como o resto de sancións, e os importes recadados por este medio durante todo o ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas queixas por parte da veciñanza sobre a “falta de flexibilidade” por parte do goberno de José Tomé á hora de acceder a determinadas zonas da cidade controladas por sistemas de videovixilancia para realizar tarefas “comúns e necesarias” como poden ser as de carga e descarga.

Tamén piden acceso á información relativa ao imposto de actividades económicas, ao de construcións e obras e á plusvalía do ano 2024.

“Parécenos importante pedir toda esta información xa que moito nos tememos que dende o goberno local teñen un afán recadatorio moi importante para tentar mellorar a situación das arcas municipais, todo a costa dos monfortinos”, lamenta Varela.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...