Con 150 metros de caída, o acceso á mesma está reservado unicamente a profesionais da espeleoloxía. Ballesteros conta que as exploracións deste grupo de 40 espeleólogos de Galicia e algúns de Asturias, pertencentes a un total de 10 clubes de espeleoloxía galegos e 2 asturianos, tiveron lugar entre xaneiro e xuño do pasado ano 2024. “Comezamos cunha pequena escaladiña nunha sala da cova e, de súpeto, atopámonos ante un feixe de novas galerías, pozos, salas, lagos, ríos… Foi un gran descubrimento que fixemos en tan só 6 meses“, lembra. E é que en Galicia non é tan habitual atopar tantos espazos novos.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

