HomesociedadeOs peregrinos do Camiño de Inverno que pasan por Chantada incrementáronse nun...

Os peregrinos do Camiño de Inverno que pasan por Chantada incrementáronse nun 73,4% no 2024

A Oficina de Turismo do Concello de Chantada, que despedía o 2024 coa obtención das certificacións da Q de Calidade Turística e da S de Sostibilidade Turística, fai balance dos visitantes e peregrinos atendidos no pasado ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No 2024 o número de peregrinos que pasou pola Oficina Municipal de Turismo aumentou considerablemente respecto ao ano 2023, pasando de 443 a 768, o que supón un 73,4% de aumento. En xeral, todos os meses manifestaron un incremento, destacando marzo, agosto, setembro ou xullo que chegou a recibir 276 peregrinos. Precisamente de marzo a setembro é a tempada escollida pola maioría dos camiñantes.

Do total de peregrinos que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo, o 74,8% eran españois e o 25,2% eran estranxeiros. A Comunidade de Madrid foi a que máis peregrinos aportou (99), seguida da Comunidade Valenciana (94), Cataluña (90), País Vasco (63) e Galicia (56). Os peregrinos estranxeiros procederon, maioritariamente, de Italia (36), Canadá (28), Estados Unidos (26), Francia (23) e Portugal (15).

O rexistro xeral de visitantes da OMT mostra un lixeiro descenso respecto ao ano 2023, sen ser allea á tendencia á baixa que se deu de modo xeneralizado no xeodestino Ribeira Sacra. Aínda así nos meses de febreiro, marzo, maio, agosto (1.284) e novembro superáronse os visitantes do 2023.

Durante o ano 2024, o turismo nacional representou o 91,7%, e o turismo internacional o 8,2%. A maior parte dos visitantes procedían de Galicia (38,7%), seguidos de Madrid (32,6%), Cataluña (17,9%), País Vasco (14,4%) e Andalucía (8,3%). Respecto ao turismo internacional, Francia (1,09%) ocupou o primeiro lugar en canto a visitantes que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo, seguido de Reino Unido (1,03%), Italia (0,9%), Arxentina (0,7%) e Estados Unidos (0,7%).

Igrexa de Santa Mariña e oficina turismo Chantada / Concello de Chantada

Manuel Lorenzo Varela, alcalde do Concello de Chantada asegura que, “Desde o Concello traballamos para ofrecer os mellores servizos posibles e unha estancia agradable no noso concello para turistas e peregrinos, ademais de facer unha boa promoción dos nosos recursos. Cada vez máis xente visita Chantada e estamos seguros de que no 2025 máis xente se achegará a coñecer o corazón de Galicia”.

Promoción turística on line

A información turística do Concello de Chantada complétase coa páxina web de turismo e as redes sociais de #ChantadaTurismo que se puxeron en marcha no 2016, sendo un dos primeiros municipios de Galicia, sen ser cidades, en lanzar redes específicas para turismo.  Así en Facebook e Instagram o turismo de Chantada suma case 14.000 seguidores e conta cunha grande interacción por parte dos visitantes. As redes sociais de Turismo de Chantada están especialmente enfocadas ao visitante e contan tamén con grande visibilidade no municipio, obtendo cotas de turismo similares ás das grandes cidades. Nos contidos priorízase a promoción turística, a divulgación de eventos e a visibilización da paisaxe.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...