HomesociedadeNovidades na Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará a finais...

Novidades na Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará a finais de marzo na praza do Auditorio Municipal

Nesta semana celebrouse un encontro entre o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, olivicultores e técnicos municipais, no que quedou fixada para a última fin de semana do mes de marzo, a data de celebración da Mostra do Aceite de Quiroga, ademais doutras novidades para esta edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta ocasión variouse a data de celebración con respecto aos últimos anos cando se celebraba no mes de maio, ademais tamén se decidiu cambiar o lugar. Por primeira vez nos 25 anos dende a súa posta en marcha, a Mostra do Aceite trasládase para a vila de Quiroga, aínda que se mantén o funcionamento do muíño de aceite de Bendilló, no lugar das Farrapas. Para asistir a esta demostración etnográfica dispoñerase de autobuses dende a vila quiroguesa.

O punto de venda de aceite instalarase na praza do Auditorio Municipal, favorecendo a utilización das instalacións municipais que a rodean, o Museo Etnográfico, o Albergue Municipal e o propio Auditorio.

Agora comezarase coas reunións periódicas cos colleiteiros para pechar un programa que se pretende ambicioso. Ademais do punto de venta do Aceite de Oliva Virxe Extra de Quiroga levaranse a cabo actividades que acheguen este sector á poboación, que se darán a coñecer a medida que se peche o programa.

Para dar cabida a toda a programación ampliarase tamén a celebración. Ademais do domingo 30 de marzo durante toda a xornada, trabállase en que na tarde do sábado (29 de marzo) se leven a cabo funcións dirixidas por especialistas relacionados co mundo do aceite.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...