HomeMedio ambiente e PatrimonioO obradoiro Serra do Faro mellorará os miradoiros do Paseo Fluvial de...

O obradoiro Serra do Faro mellorará os miradoiros do Paseo Fluvial de Chantada

Hai un mes botaba a andar a IX edición do obradoiro dual de emprego Serra do Faro, que promove o concello de Chantada en colaboración cos concellos de Carballedo e Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vintena de persoas reciben formación neste obradoiro durante 9 meses nos módulos de Atención Sociosanitaria, Xardinaría e Albanelaría, comezando en Chantada por este último, que centra a súa actividade en dúas frontes: o Paseo Fluvial e o Parque Eloísa Rivadulla.

No Paseo Fluvial decidiuse actuar nos dous miradoiros que hai entre a ponte nova e o campo de fútbol do Sangoñedo. Estas instalacións feitas en madeira deterioráronse polo paso do tempo e agora actuarase nelas desde o obradoiro de emprego, “Temos un paseo fluvial magnífico que necesita melloras co paso do tempo e co obradoiro farase unha importante intervención colocando formigón desactivado no pavimento e instalando rampas de acceso para mellorar a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida. Instalarase tamén novo mobiliario máis acorde coa nova estética”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela. Os traballos nestes miradoiros completaranse co lixado e pintado das barandas, reposición dos embelecedores de madeira das barandas, novos bancos, papeleiras,…

Pola súa banda no Parque Eloísa Rivadulla, na anterior edición do obradoiro acondicionáronse os baños públicos, fíxose unha zona pavimentada no Parque e mellorouse o seu axardinamento. Para acabar con todas esas melloras e deixar o Parque Eloísa Rivadulla remodelado ao 100%, con esta IX edición acondicionaranse accesos para os distintos locais municipais xa que o pavimento estaba deteriorado. Nesta semana comézase tamén a traballar na parte alta do parque, entre a zona verde e a beirarrúa, metendo o saneamento para recoller augas pluviais. Crearase unha plataforma única con chan de formigón entre a beirarrúa e o espazo polo que circulan os vehículos de servizos, dándolle un acabado máis moderno a ese espazo.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...