HomeCulturaCultura e turismo no plan de actuacións de Quiroga para este ano

Cultura e turismo no plan de actuacións de Quiroga para este ano

O Tenente de Alcalde, Vicente Parra, reuniuse cos técnicos de Cultura e Turismo do Concello de Quiroga para iniciar o plan de actuacións para este 2025. Catro foron os temas a tratar nesta primeira xuntanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por unha banda tratouse o programa “Descubrir Quiroga” posto en marcha o pasado verán cunha achega económica de 10.000 € de Presidencia da Deputación Provincial. Tras a gran acollida de veciños e visitantes volverá poñerse en marcha este programa de dinamización turística. “Unha maneira diferente de coñecer Quiroga a través de interesantes rutas e actividades acuáticas, complementadas con catas gastronómicas ou concertos”, explica Vicente Parra.

A situación actual das numerosas rutas coas que conta o Concello de Quiroga, sete delas homologadas, foi outro dos puntos a tratar. Contando cunha axuda económica de preto de 30.000 € a través da Rede Natura 2000 da Xunta de Galicia, e de fondos propios do Concello de Quiroga, sete das rutas están limpas e sinalizadas (PR-G 184 Lagoa da Lucenza, PR-G 192 Pregamento Xeolóxico, PR-G 141 do Ouro e do Camiño Real de Margaride, PR-G do Val do Río Quiroga, Ruta da Fervenza de Vieiros e a ruta do Castro de Penadominga). Estes días rematarase o acondicionamento de 4 pontes na ruta do Camiño do Ferradal e da sinalización que estaba pendente. Por revisar quedan a ruta circular do Montouto e a da Seara a Rugando.

Unha pequena parte da Feira do Viño de Quiroga xa se adiantou nesta xuntanza. Dentro dos actos que se organizarán para a feira deste ano está un recoñecemento aos pioneiros da feira, os seus primeiros organizadores.

ÚLTIMAS

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...