HomesociedadeA Oficina de Turismo de Chantada xa ten as súas certificacións de...

A Oficina de Turismo de Chantada xa ten as súas certificacións de “Q  Calidade Turística” e “S Sostibilidade Turística”

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, recollía este xoves pola noite no Palacio de Cibeles en Madrid as certificacións que o Instituto para a Calidade Turística de España (ICTES), concedeu á Oficina de Turismo de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A entrega de diploma fíxose durante a celebración da gala ‘Noche Q’, Manuel Lorenzo Varela traía para Chantada a “Q Calidade Turística” e a “S Sostibilidade Turística”.

A Oficina de Turismo de Chantada localízase na emblemática Casa de Lemos (s. XVI),   na Praza do Mercado, no Camiño de Inverno a Santiago ao seu paso pola vila de Chantada. Funciona de modo permanente desde finais do 2002, despois de que no 2000 o Concello de Chantada fora declarado Municipio Turístico. Desde o 2020 a Oficina de Turismo está acreditada co distintivo “Compromiso de Calidad Turística”, dentro do xeodestino Ribeira Sacra.

A finais do pasado ano constituíase o Comité de Sostibilidade da Oficina de Turismo de Chantada co obxectivo de garantir o cumprimento do sistema de xestión sostible implementado, atendendo a cuestións ambientais e sociais como aforro enerxético e enerxía non contaminante, infraestruturas resilientes, núcleos máis inclusivos, seguros e sostibles e respecto pola vida e os ecosistemas terrestres.

“No concello de Chantada estamos moi comprometidos co turismo de calidade, facemos unha forte aposta pola sostibilidade e seguimos coa promoción do noso patrimonio, paisaxe, tradicións e cultura. Traballamos tamén en seguir incorporando ou poñendo en valor os nosos recursos, a este respecto estamos cos trámites para obter unha nova certificación, neste caso Destino Starlight”, asegura o alcalde, que aproveitaba a visita a Madrid para participar en Fitur na presentación da candidatura Ribeira Sacra: Paisaxe da auga a Patrimonio Mundial.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...