HomeCulturaQuiroga prepara unha Festa da Xuvente e fixa datas para os Cantos...

Quiroga prepara unha Festa da Xuvente e fixa datas para os Cantos de Taberna e o Val de Quiroga de Tapas

  A área de xuventude do Concello de Quiroga comezou as reunións para organizar as actividades que van levar a cabo neste primeiro semestre do ano. Na xuntanza dirixida polo Concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, á que tamén acudía o rexedor local, José Luis Rivera, deuse inicio á organización das actividades máis inmediatas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Cantos de Taberna que se celebrarán o 22 de marzo é a primeira das actividades na que se traballa e que anunciará as bases e o período de inscricións nuns días.

Fixáronse tamén as datas nas que se celebrará o Val de Quiroga de Tapas, que se desenvolverá entre o 4 e o 14 de abril. Este certame que novamente incluirá bares e cafeterías de Quiroga e San Clodio, presenta como novidade a entrega do premio ao establecemento gañador durante a celebración da Feira do Viño.

Dende o departamento de xuventude solicitouse un novo campo de Voluntariado á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O proxecto presentado centraríase no Pozo do Batán, no río Ferreiriño.

O último punto tratado nesta xuntanza de traballo estaba encamiñado á celebración dunha Festa da Xuventude a principios de verán, que se irá perfilando en vindeiras xuntanzas.

           

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...