HomesociedadeBendición das roscas e das cintas na celebración do San Blas

Bendición das roscas e das cintas na celebración do San Blas

A igrexa de San Vicente en Monforte acolleu este 3 de febreiro a tradicional celebración do San Blas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Seguindo a tradición, este 3 de febreiro pola mañá celebrouse a eucaristía do San Blas que contou coa participación de numerosos veciños e veciñas devotas deste santo.

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, o concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada, e as concelleiras de Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López, participaron dos actos litúrxicos en representación do Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, quen non puido acudir ó acto por ter outros compromisos institucionais. 

Tal e como é costume no Val de Lemos, durante a celebración levouse a cabo a bendición das roscas e das cintas dos monfortinos e monfortinas presentes na celebración.Tras a bendición, tivo lugar unha procesión coa imaxe do San Blas polo exterior do templo.

A Policía Local do Concello de Monforte estableceu un dispositivo especial de tráfico que garantiu que a circulación e os accesos a igrexa, e o acto desenvolveuse con total normalidade.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...