HomesociedadeO Colexio Escolapios de Monforte estará na fase nacional da VI Ciberliga

O Colexio Escolapios de Monforte estará na fase nacional da VI Ciberliga

Será un dos tres centros que representarán a Galicia na final da VI Ciberliga nivel preamateur que organiza a Garda Civil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo formado por Pau López, Xavier Velázquez, Sergio Méndez, Adrián Rodríguez e Mauro Rodríguez, do Colexio Padres Escolapios de Monforte, foi o primeiro clasificado da provincia de Lugo e o segundo mellor de Galicia, tras superar con éxito varios retos online na fase previa de clasificación.

A final do certame, na que tamén representarán a Galicia os Centros de Ensino de Meaño e Boimorto, disputarase nas instalacións da Garda Civil en Aranxuez o vindeiro mes de marzo, en data aínda por confirmar. 

O Colexio Escolapios xa estivo presente na fase final da pasada edición, acadando o sétimo posto a nivel nacional, sendo o profesor Javier Saco o titor da actividade.

O pasado 1 de febreiro a directora xeral de Innovación Educativa da Xunta, Judith Fernández, participou na entrega de premios deste certame a nivel autonómico. Grazas ao mesmo, máis de 1.500 alumnos de 4º de ESO de 51 centros reciben formación sobre o uso seguro das tecnoloxías a través dunha sesión en streaming que combina explicacións teóricas e prácticas. Toman parte, ademais, nunha competición na que deben resolver un ciber-reto que inclúe unha exposición explicativa e unha práctica final para aplicar os coñecementos adquiridos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...