HomeDeportesÉxito baixo a chuvia da XI Quiroga Trail Challenge

Éxito baixo a chuvia da XI Quiroga Trail Challenge

Un Territorio Lor que nunca defrauda baixo unha fina capa de chuvia pechou a segunda etapa da proba reina do trailrunning galego cunha xornada marcada polo alto nivel de participación, tanto en corredores como en voluntarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xornada do domingo fíxose entrega de premios dos seguintes podios: Os máis xabarís do domingo no trail foron Javier Janeiro Cerdeira (Kórpore Arenteiro Trail), Sebastián Reboreda Lorenzo (A.D Mondariz) e Iván Reboredo Sanjurjo (Traileros, Toxos & Birras); o feminino completárono AlinaCimpean (GTR-Galaico TrailRunning), Sonia Méndez Pérez (ToxizaClube de Montaña) e Cristina Rodríguez Villar (RunningSportTrail).

No minitrail completaron os podios Eloy Martínez Faro (AC Castelos Trail Club), Pablo Vecino Rey (Tribo Trail) e Moisés Bereijo Nebril en homes; e María Platero Prado (Traileros, Toxos & Birras), Nerea Castro Nogueira e Caroliña Niño (Traileros, Toxos & Birras), en mulleres. Na nova distancia da Carreiriña os máis rápidos foron, en homes, Manuel Currás Estevez (Nocedo TrailTeam), Fernando González Rodríguez (Obxectivo Trail) e Pepe Mansilla Barreiro (Club Deportivo Inclusivo Enki); e, en mulleres, Maica Rodríguez (Metas Imposibles TrailTeam), Xiana Bugallo Paz (Club Deportivo Delikia) e Valeria González Rodríguez (Club Deportivo Delikia).

E para os que se animaron a correr na modalidade de circuíto os dous días os podios foron os seguintes: No circuíto ultra 83 k subíronse ao caixón masculino José M. Gil, Víctor Maneiro e Xosé M. Fernández. Non houbo participantes femininas nesta modalidade. No circuíto ultra 53 k compartiron podio David Porto, Edu Fabeiro e José M. Fernández, en homes; e, en mulleres, Patri Noya, Aida Rodríguez e Silvi Arce. No circuíto maratón o podio masculino foi repartido entre Fran Tosar, Paco Muñoz e Manu Gómez; e, entre as mulleres, foi para Carolina Niño, Lourdes Vázquez e Fina Blanco. No circuíto trail o podio masculino foi para Lucas Hernández, Manuel Piñeiro e Javier González; e, o feminino compartírono AlinaCimpean, Fanny Abelenda e Álex #Vidal. No circuíto minitrail, os clasificados foron Eloy Martínez, Pablo Vecino e Moisés, entre os homes; e María Platero, Serafina Pereira e Alba Midón, entre as mulleres. E, xa por último, no circuíto carreiriña os máis veloces foron, en homes Fernando González, Clemente Ferrer e Francisco J. Peniza; e en mulleres, Soledad Rocha, Valeria González e Xiana Bugallo.

A organización destaca o gran labor de equipo cos voluntarios, patrocinadores, colaboradores e o Concello de Quiroga, “Repetímonos moito cando dicimos que sen os voluntarios isto non sería posible, pero é que simplemente é unha realidade!” aseguran Blas Rodríguez e Manuel Barreiro, directores da proba.

Quiroga TrailChallenge / BR

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...