HomePolíticaA Pobra presume de ‘boulevard’

A Pobra presume de ‘boulevard’

A Avenida de Outeiro, acceso principal á vila, xa loce doutro xeito tras rematar as obras de acondicionamento e humanización. As melloras realizadas están gustando moito aos veciños/as.

Publicado o

- Advertisement -

A principal vía de acceso á capitalidade municipal da Pobra do Brollón foi obxecto de obras nestes dous últimos anos coa intención de acondicionala e humanizala. Fíxose unha nova pavimentación máis acorde co medio, elimináronse barreiras arquitectónicas, colocáronse beirarrúas que lle dan aspecto de “boulevard”, plantáronse árbores de sombra e colocouse un novo alumeado público.

Para o equipo de goberno, poñer en valor a Avenida de Outeiro era fundamental porque dá aceso peonil a algúns dos principais servizos do concello, como o centro de Día, o pavillón ou a Escola de Música e tamén porque mellora os servizos para os veciños/as da zona.

Con estas melloras en equipamentos o equipo de goberno entende que se dá resposta ás necesidades da vila mellorando a calidade de vida de veciñas/os facendo da Pobra un lugar agradable e cómodo para vivir.

As actuacións foron financiadas a través de dous convenios do concello coa Deputación Provincial de Lugo.

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...