HomesociedadeArias visita o miradoiro astronómico de Bóveda financiado coas axudas da Xunta...

Arias visita o miradoiro astronómico de Bóveda financiado coas axudas da Xunta para a mellora de recursos turísticos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, informou do programa de axudas para a mellora das infraestruturas turísticas en concellos de ata 10.000 habitantes, que vén de publicar no DOG Turismo de Galicia, destacando que “supón unha oportunidade para potenciar o turismo como factor de crecemento económico e de reequilibrio territorial favorecendo aos municipios rurais de menor tamaño”.

Ao abeiro deste plan executouse o miradoiro astronómico de Bóveda situado na Serra de Penas, vén a engrosar a oferta turística de Bóveda cunha proposta innovadora no marco do turismo de natureza. Os traballos consistiron na adecuación da explanada, a instalación dunha plataforma de pedra aserrada, e a colocación de tres cadeiras con reclinación para a observación do firmamento, con capacidade para dúas persoas cada unha.

A convocatoria deste ano está dotada con 2 millóns de euros e as achegas poden solicitarse ata o 28 de marzo; concédense en concorrencia non competitiva por orde cronolóxica de entrada ata esgotar o orzamento. Cada concello pode presentar unha solicitude e o importe máximo da subvención será do 100% do investimento subvencionable co límite de 30.000 euros. Na pasada edición na provincia de Lugo financiáronse 18 proxectos noutros tantos municipios da provincia, sumando achegas por importe de 539.000 euros

Javier Arias invitou aos concellos a optar a estas achegas para avanzar na recuperación e fomento da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística que fundamenta os seus atractivos turísticos.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...