HomesociedadeDo 7 ao 9 de marzo Chantada abre as Feiras do Viño...

Do 7 ao 9 de marzo Chantada abre as Feiras do Viño na Ribeira Sacra

Para os profesionais do sector, a sala principal do Auditorio Municipal acolle o V Túnel do Viño de Chantada. A proposta desenvolverase durante a fin de semana en horario de 11.30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30, cun prezo de 10,00€ para a entrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 7 ao 9 de marzo, Chantada celebra a XLII edición da súa Feira do Viño, que abre un ano máis as citas coas Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra. Este martes daba a coñecer os detalles da celebración o concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez, que estaría acompañado por representantes dos adegueiros e membros da organización da Feira.

Participan da 42 edición da Feira do Viño de Chantada 15 adegas: Adega Lareu Sabatelivs, Adegas e Viñedos Vía Romana, Adega Amedo, Adega Condado de Sequeiras, Adega Albarduxe, Adega Cabo do Mundo, Adega Pilares de Belesar, Adega Instinto Romano, Adega Castrofiz, Adega Os Cipreses, Adega Alouviño, Adega Enonatur, Adega Calexotes, Adega Santa María de Nogueira e Adega Teijeiro Lemos.

A Feira terá lugar, como é habitual na carpa instalada na Avda. de Monforte á altura da Praza de Galicia. Os postos de viño abriranse o venres ás 20:00h. e durante a fin de semana permanecerán abertos todo o día. Este ano como novidade contarase cunha carpa para exposición e venda de produtos gastronómicos que se instalará ao carón da carpa principal, na rúa Ánxel Gómez Montero, “O formato da Feira está consolidado e funciona, si introducimos nesta ocasión algunha novidade, como esta carpa para concentrar os produtos gastronómicos ou a data da cata oficinal que pasa a celebrarse o sábado pola mañá”, explica, Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura de Chantada.

Esta 42 edición terá como pregoeiro, o domingo ás 13:00h. a D. José Luis Blanco Diéguez, natural do Concello de Chantada e CEO da empresa alemana Nordex.

Programa XLII Feira do Viño de Chantada

Venres 07 de marzo

  • 20:00 h. Apertura de stands das adegas participantes.
  • 23:30 h. Grupo América.

Sábado, 08 de marzo

  • 10:00 h. Cata oficial da XLII Feira do Viño de Chantada no Auditorio Municipal.
  • 11:30 h. “Searas” actuación.
  • 12:00 h. Lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller na carpa principal.
  • 12:10 h. Agrupación tradicional da Casa da Música, actuación.
  • 13:00 h. Concerto da Banda de Música de Chantada.
  • 17:00 h. Actuacións charanga “Union Phenosa”, “Festicultores Troupe”, “Searas”.
  • De 17:30 h a 19:00 h. IX Cata Popular na carpa principal. Prezo 5€
  • 21:30 h. Orquestra Trebol.
  • 00:30 h. Orquestra Solara.

Domingo, 9 de marzo

  • 11:30 h. Gaiteiros “Os Barrios”.
  • 12:00 h. Charanga “NBA”.
  • 12:30 h. Banda de gaitas do Concello de Chantada.
  • 13:00 h. Pregón da XLII Feira do Viño a cargo de D. José Luis Blanco Diéguez.
  • 13:30 h. Entrega de premios da XLII Feira do Viño de Chantada no palco da carpa principal.
  • 16:30 h. Charanga “NBA”.
  • 16:30 h. Charanga “Bicoia”.
  • 21:00 h. Orquestra Compostela.
Feira do Viño de Chantada 2023 / Concello de Chantada

Durante a celebración da Feira, as botellas de viño terán un prezo mínimo de 9€ e só se poderá adquirir viño nos postos das adegas. Os postos de polbo e gastronomía non venderán viño. Manuel Diéguez convida a todo o mundo a asistir á primeira Feira do Viño da D.O. e confía en que a climaoloxía acompañe, “Esperamos que nesta ocasión teñamos mellor tempo que o ano pasado, en todo caso as persoas fieis á Feira, que cada ano son máis, veñen independentemente do clima. Cada ano acompáñanos máis xente para probar o viño das ribeiras de Chantada, iso quere dicir que tratamos ben á xente e que están desexando festexar os nosos viños”, concluía Manuel Diéguez

A programación da Feira conta con actividades de balde para os máis pequenos, como a Ocioteca Infantil, para maiores de tres anos, que se desenvolverá na Casa da Música. Os talleres a cargo de Velaísca terán horario de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 durante o sábado e o domingo.

Coincidindo coa Feira do Viño celebrarase a XVI edición da Feira de Oportunidades e a XV Mostra de Produtos de Artesanía, que organiza a Asociación de Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Networking e sinatura de convenio de colaboración entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial para afrontar os retos do...

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next dará a coñecer proximamente os resultados destas...

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área...

O PP esixe a Tomé igualdade de trato aos veciños de Monforte xa que “está a crear veciños de primeira e de segunda”

A voceira popular, Katy Varela, explica que no barrio de Catro Ventos, unha zona...

O BNG reclamará no Senado a reparación urxente do regadío Val de Lemos e a condonación da débeda á comunidade de regantes

A moción, que será debatida este mércores, 5 de xuño, insta á Confederación Hidrográfica...