HomeDeportesA Pobra do Brollón será punto de saída da cuarta etapa do...

A Pobra do Brollón será punto de saída da cuarta etapa do Gran Camiño este 1 de marzo

Para unha correcta organización da proba, haberá unha serie de cortes de tráfico e restricións ao estacionamento entre o venres e o sábado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As restricións de estacionamento comezarán este venres 28 ás 17:00 horas e rematarán o sábado 1 ás 16:00 horas. En dito período, non estará permitido aparcar na seguintes zonas: Rúa Samoeiro, Rúa Río Rubín, Avenida de Galicia (dende a rotonda ata o cruce coa Rúa Peza) e na Rúa da Feira (dende a rotonda ata a Ponte de San Antonio).

O sábado 1 de marzo, o día da proba, cortarase o tráfico entre as 11:00 e as 14:00 horas na Avenida de Galicia (dende a rotonda ata o cruce coa Rúa Peza) e na Rúa da Feira (dende a rotonda ata a Ponte de San Antonio). A estrada de Cereixa cortarase puntualmente no momento de saída dos ciclistas, que se producirá ás 13:30 horas.

O Concello da Pobra do Brollón agradece a colaboración da veciñanza e anima a asistir á saída dos ciclistas. O punto de saída será na Avenida de Galicia, á altura da área recreativa.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...