HomePolíticaO PSOE de Chantada denuncia que o Centro de Saúde segue en...

O PSOE de Chantada denuncia que o Centro de Saúde segue en situación crítica con tres médicos

O PSOE local insiste en que a solución pasa pola contratación de máis profesionais e por unha mellor planificación dos recursos sanitarios na comarca. Así mesmo, lembra que a falta de médicos no Centro de Saúde de Chantada non só afecta á atención diaria, senón que tamén repercute no funcionamento doutros servizos sanitarios, como o Hospital de Monforte, que segue a sufrir carencias en diversas especialidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo municipal socialista de Chantada leva meses denunciando esta situación e advertindo das consecuencias da falta de investimentos na sanidade pública. En xuño de 2023 alertaban das dificultades pola mingua de profesionais no centro de saúde. En pleno municipal conseguiron unanimidade na moción que reclamaba medidas urxentes, como a cobertura inmediata das prazas vacantes, a dotación dun segundo equipo para o Punto de Atención Continuada (PAC) e a ampliación do servizo de hospitalización a domicilio (HADO).

Nesta semana que remata aseguran que só había tres médicos para atender a toda a poboación, “O colapso do servizo está a xerar longas esperas, unha sobrecarga insoportable para o persoal médico e unha atención cada vez máis deficiente para os veciños e veciñas”.

Os socialistas denuncian que se está a converter nun problema recorrente, con profesionais desbordados e pacientes que, ante a imposibilidade de ser atendidos no seu médico de cabeceira, vense obrigados a acudir ao PAC ou mesmo ás urxencias hospitalarias de Monforte. “Dende hai anos vimos advertindo que a sanidade pública está sendo desmantelada por falta de investimento e de previsión. O goberno galego non pode seguir mirando cara outro lado mentres a sanidade en Chantada e no conxunto da provincia de Lugo se desmorona”, declarou Mariano López, voceiro do PSdeG-PSOE de Chantada.

Os socialistas aseguran que seguirán presionando ao goberno local para que esixa solucións á Xunta de Galicia e defenda os dereitos dos chantadinos e chantadinas para acceder a unha sanidade pública de calidade. “Instamos á cidadanía a continuar mobilizándose para reclamar melloras no servizo e frear o deterioro do sistema sanitario na comarca”, conclúen os socialistas.

ÚLTIMAS

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...